Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor visita aos rapaces que desfrutan do EsquiOU en Manzaneda con...

Luis Menor visita aos rapaces que desfrutan do EsquiOU en Manzaneda con actividades “amplias e flexibles” fronte a falta de neve

- Anuncio -

O presidente provincial puxo en valor a “flexibilidade” da iniciativa, xa que os nenos poden gozar de tenis, piscina climatizada, rocódromo, tiro con arco, piscina climatizada, orientación e un curso teórico de esquí

A Deputación acadou unha inversión histórica de 102.000 euros para superar por primeira vez a barreira das 1.000 prazas, ante a detección dunha crecente demanda das familias

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe aos 105 rapaces da provincia que desfrutan na estación de montaña de Manzaneda do programa EsquiOU. Esta iniciativa, subvencionada pola institución ourensá cun orzamento histórico de 102.000 euros (un 45% máis que o adxudicado en anos anteriores) ten o obxectivo de que os nenos da provincia poidan acceder a custo reducido a un curso de esquí e a actividades paralelas na estación de montaña de Manzaneda.

Esta quinta quenda, formada por nenos das zonas de Allariz, Xinzo, Baltar  e Maceda, desfruta dun extenso programa de actividades de montaña, deseñado coa flexibilidade como máxima ante o risco de escaseza de neve, que é a situación actual na estación de montaña. Así, a pesar de que non haxa neve, os rapaces gozan igualmente do curso teórico de esquí e de actividades como pista de tenis e pickleball, tiro con arco, piscina climatizada, rocódromo, multiaventura, orientación e veladas polas noites.

“Este ano decidimos acadar cifras históricas, tanto en inversión como en prazas, superando por primeira vez a barreira dos 1.000 beneficiarios, xa que detectamos que o interese das familias por este programa era crecente”, valora o presidente provincial. Tamén destacou a “aposta pola inclusión” da Deputación, xa que nesta edición hai prazas reservadas a menores con discapacidade, para que o acceso ao deporte e ao ocio non teña “barreiras de ningún tipo”.

Luis Menor desexoulles aos nenos desta quinta quenda tres días de diversión e ocio saudable e destacou a “flexibilidade” do EsquiOU ao facilitar que, pese a falta de neve, os nenos da provincia non queden sen un “amplio programa de actividades” para desfrutar de Manzaneda.

Balance do programa EsquiOU

O balance do programa EsquiOU é moi positivo, cubríndose todas as quendas dispoñibles en apenas uns días. Trátase de 10 quendas, con 105 rapaces en cada unha delas, procedentes de tódalas zonas da provincia.

De feito, nesta edición incorporáronse dúas quendas máis que en anos anteriores, con 210 rapaces e rapazas máis como participantes deste programa posto en marcha pola Deputación para achegar aos rapaces de toda a provincia á estación de montaña de Manzaneda para gozar de actividades ao aire libre, deportivas e de lecer.

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables ata Vila de Cruces, Agolada...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este domingo o teatro a Meaño e Meis a través do...

0
“Neura, unha comedia neurótico-festiva”, da compañía De Ste Xeito Producións, representarase en Meaño, e “Testosterona”, de Malasombra, en Meis +Escénicas é un novo circuíto da...

Luis López participa en Madrid na sesión do Consello de Goberno da Rede Española...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar en Madrid na reunión do Consello de Goberno da Rede Española de Cidades...

Rafa Domínguez participa na presentación da sétima Andaina Ultreia, que chegará á provincia o...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves na presentación da sétima Andaina Ultreia, que este ano se celebrará o domingo 6...

A Deputación leva esta fin de semana o teatro a Crecente e Gondomar a...

0
O sábado 22 representarase en Crecente a función “Running”, da compañía De Ste Xeito Producións, e o domingo 23 en Gondomar “As nosas letras”,...

A Deputación organiza esta fin de semana novas saídas do programa Lecer en familia...

0
As estancias programadas este 21 e 22 de febreiro levarán a familias de 15 concellos ao Hotel Carlos I de Silgar de Sanxenxo, ao...

Publicacións Relacionadas