HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor visita o Centro de Coordinación Operativa (CECOP) para comprobar a...

Luis Menor visita o Centro de Coordinación Operativa (CECOP) para comprobar a situación dos lumes na provincia e reafirma a “total disposición” dos medios da Deputación

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial puxo en valor a investigación e a “resposta integral” dada na loita contra o lume a través da cooperación entre administracións

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou hoxe o Centro de Coordinación Operativa (CECOP) para coñecer de primeira man a situación dos incendios forestais na provincia e os dispositivos e medios despregados ante esta onda de lumes. Neste sentido, reafirmou a “total disposición” dos medios de Emerxencias da Deputación.

En declaracións aos medios de comunicación, o presidente provincial puxo en valor “o mellor dispositivo contra lumes”, como resposta ante a situación de crise. Tamén destacou a investigación que se realiza no marco do esclarecemento dos incendios e a “resposta integral” na loita contra o lume grazas “á cooperación entre as administracións”.

A Deputación de Ourense, no marco das súas posibilidades e competencias, ten mobilizados todos os seus medios materiais e humanos de emerxencias para colaborar coa Xunta de Galicia e co Estado na loita contra os lumes forestais que están a asolar a provincia.

Ademais, desde a Deputación estase en contacto permanente co CECOP e con todos os medios dispoñibles para colaborar e actuar en todos cantos lugares se requira.

Publicacións Relacionadas