HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez agradece á “marea azul” do Banco de Alimentos “a súa...

Luisa Sánchez agradece á “marea azul” do Banco de Alimentos “a súa entrega por mellorar a vida dos demais”

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, agradeceu á “marea azul” da Fundación Provincial Banco de Alimentos “a súa entrega por mellorar a vida dos demais”. Durante a primeira edición da Gala do Voluntariado que a entidade sen animo de lucro celebrou este venres en Vigo, Luisa Sánchez enxalzou a posta en marcha desta “xusta e necesaria” homenaxe. Neste senso, gabou o labor das persoas que “regalan o seu tempo” para “transformar a solidariedade en resultados reais”.

Antes de recoñecer cun galardón o traballo de Ángel, Lorenzo e José, tres membros do equipo de Loxística do Banco de Alimentos, a vicepresidenta sostivo que “a sociedade viguesa está en débeda” con esta ONG, que loita “por non deixar a ninguén atrás”. Ademais, trasladou a súa satisfacción polo éxito acadado na Gran Recollida desenvolvida os días 7 e 8 de novembro, con máis de 325.000 quilos de comida apañados na provincia. Por último, congratulouse polo premio outorgado á Estación Fitopatolóxica do Areeiro pola súa loita contra o desperdicio alimentario.

Publicacións Relacionadas