HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez anuncia a incorporación de Mikel Izal ao Galicia Fest patrocinado...

Luisa Sánchez anuncia a incorporación de Mikel Izal ao Galicia Fest patrocinado pola Deputación de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

Mikel Izal incorpórase ao Galicia Fest, que acollerá a cidade entre o 29 e o 30 de agosto co apoio do organismo provincial, e subirase na primeira xornada ao escenario xunto con Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Éxtasis e outro artista por confirmar

O sábado, 30 de agosto, será a quenda de Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anuncia a incorporación de Mikel Izal ao Galicia Fest, que terá lugar entre o 29 e o 30 de agosto en Vigo co apoio do organismo provincial. “Síntome moi orgullosa da excelente acollida que está a ter o Galicia Fest, que ten calado entre o público cun ritmo de venda de entradas altas e moi boas opinións”, destacou Sánchez quen engadiu que “coa incorporación ao cartel de Mikel Izal, unha das grandes referencias do indie-pop nacional, como cabeza de cartel do festival estou convencida de que voarán os abonos e as entradas que quedan”. 

A de Mikel Izal será a primeira actuación do artista en Vigo, onde presentará “El miedo y el paraíso”, o disco co iniciou a súa carreira en solitario e co que gañou o premio da Academia da Música á mellor canción pop por “El paraíso”. O artista subirase ao escenario no Peirao de Transatlánticos de Vigo na primeira xornada do Galicia Fest, o 29 de agosto, xunto con Dorian, La Habitación Roja, Samuraï, Sexy Zebras, Éxtasis e outro artista que queda por confirmar.

Xa o sábado, 30 de agosto, será a quenda de Beret, Leire Martínez, Fredi Leis, Hey Kid, Maldita Nerea, Marlon, Noan e Paula Koops. “Animo a que a xente se achegue para desfrutar deste novo festival, que seguro que se converterá nunha experiencia única ao contar cun cartel de primeiro nivel e nunha situación inmellorable”, subliñou a vicepresidenta provincial Luisa Sánchez.

Rías Baixas Fest

Ademais do Galicia Fest, a Deputación de Pontevedra tamén vai apoiar este ano outro festival musical que acolle a cidade. Trátase do Undersfest Xacobeo, que terá lugar os días 14 e 15 de novembro en diferentes emprazamentos de Vigo e que forma xa parte dos Rías Baixas Fest, marca na que se integran Portamérica (que acaba de celebrarse en Portas), Atlantic Fest (18 ao 20 de xullo, Vilagarcía de Arousa), Sin Sal (25 ao 27 de xullo, Illa de San Simón, Redondela), SonRías (31 de xullo o 3 de agosto, Bueu) e Revenidas (11 ao 14 de setembro, Vilagarcía de Arousa).

Publicacións Relacionadas