HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez celebra o “rotundo éxito” do club de lectura e dos...

Luisa Sánchez celebra o “rotundo éxito” do club de lectura e dos obradoiros infantís na sede da Deputación en Vigo, con cheo durante as seis semanas de actividades

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta provincial visitou o Taller de Debuxo Tolo impartido polo artista e deseñador Berto Fojo como actividade complementaria á mostra ‘O Bosque dos Soños’

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, celebrou o “rotundo éxito” do club de lectura e dos obradoiros infantís que está a acoller a sede de Vigo todos os sábados desde o pasado 15 de novembro. Tal e como indicou, todas as actividades celebradas ata o de agora, vencelladas á exposición ‘O Bosque dos Contos’, esgotaron as prazas dispoñibles. Ademais, xa non quedan vacantes para as últimas sesións previstas, programadas para os días 13 e 20 de decembro.

Durante a visita que realizou ao Taller de Debuxo Tolo que impartiu o artista e deseñador Berto Fojo este sábado pola tarde a 20 nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, Luisa Sánchez amosou a súa satisfacción pola difusión da cultura que a Deputación está a promover entre a cativada, neste caso en torno á literatura, a ilustración e a creatividade en xeral. Do mesmo xeito, valorou o “altísimo nivel” dos profesionais que participaron nos clubs de lectura matinais e nos obradoiros vespertinos.

Na dinamización dos clubs participan María Lado, Eva Mejuto, Antonio Manuel Fraga e Ivana Gómez. Os obradoiros corren a cargo de María Lado, Eva Mejuto, Berto Fojo, Diego Estebo, Carmen Pintos, Natalia Umpiérrez e Iván R, que imparten temáticas tan variadas como colaxe, xoguetes ópticos, teatro kamishibai, debuxo tolo, escritura divertida ou autorretratos. Trátase, en todos os casos, de actividades complementarias á exposición ‘O Bosque dos Contos’, centrada no legado de Miguel López ‘Hematocrítico’. A mostra permanecerá aberta na sede da Deputación en Vigo ata o 10 de xaneiro de 2026.

“Con estas iniciativas, a Deputación reafirma o seu compromiso con esa cultura que esperta a curiosidade e que educa dende o pracer de ler e de compartir”, valorou Luisa Sánchez.

Publicacións Relacionadas