HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez celebra que a xornada ‘Queremos Literatura Infantil’ converta a sede...

Luisa Sánchez celebra que a xornada ‘Queremos Literatura Infantil’ converta a sede de Vigo da Deputación nun lugar de “inspiración” e “amor pola lectura”

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta salienta o “alto nivel” dos profesionais que interveñen durante todo o sábado no marco do Hematofesti, creando un “evento transversal” que aglutina cultura, educación, humor e inclusión

A representante provincial eloxia a Teresa Rabal, galardoada co Premio Lenda do Recreo, por “marcar a infancia de xeracións enteiras coa súa maxia, enerxía e ledicia”

vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, celebrou que a sede de Vigo da institución provincial se converta este sábado nun lugar de “inspiración” e “amor pola lectura” da man da xornada ‘Queremos literatura infantil’. Unha actividade que, tal e como salientou, encheu as instalacións olívicas de “cultura, educación, humor e inclusión” no marco do Hematofesti.

Durante o acto de apertura, no que estivo acompañada da directora do festival, Ledicia Costas; das coordinadoras do evento, Eva Mejuto e Montse Pena; e do ilustrador Alberto Vázquez; Luisa Sánchez gabou o “alto nivel” dos profesionais que protagonizan as diferentes charlas e ponencias, desde Juan Senís ata Susanna Isern, pasando pola viguesa Bea Gregores ou a polifacética Charo Pita. Igualmente, valorou positivamente a variedade de temas e disciplinas a abordar durante preto de sete horas de encontros con expertos. “Reunimos aquí a persoas que veñen de camiños distintos pero que comparten a mesma convicción: que o álbum ilustrado e a literatura infantil son ferramentas poderosas para mirar o mundo con outros ollos”, sinalou.

Unha longa xornada culminada coa entrega do Premio Lenda do Recreo a Teresa Rabal, unha muller que, segundo destacou a vicepresidenta provincial, “marcou a infancia de xeracións enteiras coa súa maxia, enerxía e ledicia”. “Falar de Teresa Rabal é falar de cancións que todos cantamos, de programas que reunían a familias enteiras ante ao televisor, de sorrisos sinceros e mensaxes cheas de optimismo. Teresa ensinounos que o recreo era un momento de lecer pero tamén un espazo para compartir con amigos e amigas. E ser felices”, indicou Luisa Sánchez.

Do mesmo xeito, a vicepresidenta agradeceu á organización do Hematofesti que elixise a sede da Deputación en Vigo para acoller “varios dos mellores eventos do festival”, como son tamén a exposición ‘O bosque dos soños’, o encontro con Bea Lema e Javier Jaén, os clubs de lectura ou os obradoiros de ilustración e escritura que se desenvolverán en novembro e decembro.

Así, ante decenas de asistentes, Luisa Sánchez ofreceu a sede viguesa da Deputación como un espazo aberto para que calquera persoa ou entidade poida desenvolver a súa actividade. “Esta sede está situada no corazón da cidade e queremos que a cidade a sinta como propia”, apuntou ao dar a benvida ao público. “Quero desexarvos que a xornada deste sábado sexa un convite a seguir creando, contando e soñando en imaxes. Grazas por servirnos en bandexa un día enteiro para ler, mirar, escoitar e dialogar sobre o poder das historias contadas con imaxes”, engadiu.

Publicacións Relacionadas