HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez clausura o curso de xardinería promovido pola Deputación na Asociación...

Luisa Sánchez clausura o curso de xardinería promovido pola Deputación na Asociación Veciñal Nosa Terra de Alcabre

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou este xoves o curso de xardinería organizado dentro do programa +Xuntas na  Asociación Veciñal Nosa Terra de Alcabre. Esta é unha das 207 iniciativas de formación básica que a institución provincial promove en 56 concellos, entre eles Vigo. Durante o acto, agradeceu a implicación de todas as persoas participantes, que “son as que dan sentido a estes cursos”.

O programa +Xuntas busca mellorar a autonomía individual, crear redes de apoio para impulsar a participación activa e xerar vínculos para romper co illamento. Cun orzamento de 323.000 euros, chega a máis de 5.000 persoas a través de múltiples asociacións, xa que os cursos están dirixidos a un máximo de 25 participantes. Ás entidades ofrecéronselle obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Publicacións Relacionadas