HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez defende a necesidade de que os visitantes cheguen a Vigo...

Luisa Sánchez defende a necesidade de que os visitantes cheguen a Vigo “con boas experiencias desde o inicio” e queden

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na mesa redonda “Estratexia Destino Vigo” da xornada Gastro Movida. A vicepresidenta defendeu que a cidade ten “dúas tarefas pendentes”, a primeira “que o visitante chegue cunha boa experiencia desde o inicio” e a segunda “que o visitante quede, porque Vigo non está illado do mercado turístico”. Luisa Sánchez sinalou o protagonismo da cidade a nivel turístico na provincia de Pontevedra, e sinalou que “a marca Vigo está obrigada a ser referente porque as súas infraestruturas son un gran centro de entrada de visitantes, e Vigo non só ten un valor diferencial como destino, senón que é o destino en si”. Neste sentido, puxo o foco na importancia de reverter a “caída en picado” que sinalan os informes sobre a cidade como destino cultural, con “iniciativas como o Hematofesti, o Teatro Cine Fraga, o Galicia Fest ou a aposta polo Camiño de Santiago” participadas pola Deputación que buscan responder unha demanda cada vez maior.

A vicepresidenta da Deputación asegurou que o reforzo de Vigo como marca turística “ten que ir na liña da identificación e de que a cidade se recoñeza nun modelo determinado que xere orgullo de pertenza”, ademais de “situarse no centro, como xa o está, da estratexia provincial”. No marco institucional, Luisa Sánchez sinalou “a xeración de fluxos de turistas dentro da provincia” como clave, e defendeu “a relación da Deputación cos concellos, liderando a cooperación institucional” con mesas, ferramentas de xestión e cogobernanza “que resulta na promoción de paquetes turísticos que contan co noso apoio e complementan esa base en Vigo desde a que gozar da provincia”.

Publicacións Relacionadas