HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez participa na presentación do Arena 1000, que levará o mellor...

Luisa Sánchez participa na presentación do Arena 1000, que levará o mellor balonmán praia á praia de Silgar

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves na presentación do Arena 1000, que acollerá a praia de Silgar (Sanxenxo) entre hoxe e este domingo 6 de xullo e onde se darán cita os mellores deportistas do balonmán praia español. Deste xeito, “a nosa provincia volverá ser o epicentro da máxima categoría do circuíto nacional desta disciplina tres anos despois para que Sanxenxo sexa de novo a sede dun dos grandes encontros do Arena Handball Tour”, sinalou Luisa Sánchez.

A vicepresidenta provincial agradeceu “o labor da Federación Española de Balonmán pola organización de eventos deportivos tan importantes como este”, apoiado pola institución provincial ao igual que outras citas como o Torneo Deputación de Pontevedra Clasificatorio Arena 1000, ou a última das catro probas da xira galega que se celebrará a fin de mes. “O balonmán praia é unha disciplina en expansión, con máis federados cada ano, e temos grandes esperanzas tanto nesta como en todas as que se practican na provincia”, sinalou Luisa Sánchez, que destacou os “máis de 27 millóns de euros que levamos investido no deporte provincial nestes dous anos, cun grande esforzo á altura da que é a provincia do deporte”.

Publicacións Relacionadas