HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez participa no xantar de confraternidade da Festa dos Maiores de Valladares

Luisa Sánchez participa no xantar de confraternidade da Festa dos Maiores de Valladares

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este domingo no xantar de confraternidade da Festa dos Maiores organizada polo Centro Veciñal e Cultural de Valladares. A comida celebrouse no restaurante Moisés, onde a representante provincial puxo en valor o labor das persoas máis lonxevas da parroquia. “Valladares é o que é grazas a xente coma vós: persoas que fixeron barrio, que traballaron, que coidaron das súas familias e que seguen a manter vivo ese espírito acolledor que fai grande a este recuncho de Vigo”, afirmou durante un saúdo previo ao xantar.

Publicacións Relacionadas