Home Deputacións Deputación Pontevedra Luisa Sánchez pon en valor as axudas da Deputación aos clubs de...

Luisa Sánchez pon en valor as axudas da Deputación aos clubs de ámbito estatal na súa visita ao Sárdoma CF

- Anuncio -

A vicepresidenta destacou que o club que preside Begoña Aldao recibe este ano 18.000 euros, 8.000 euros máis que no ano 2022: “A pesar de ter descendido de categoría a Deputación de Pontevedra continúa considerando que compiten en ámbito estatal”

A vicepresidenta e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou este martes o equipo de fútbol vigués Sárdoma CF no campo de fútbol das Relfas. A vicepresidenta asistiu aos adestramentos e reuniuse coa Xunta Directiva do club, un dos grandes referentes do fútbol feminino da provincia. Sánchez puxo en valor durante a súa visita as axudas que destina a Deputación aos clubs que participan en competicións de ámbito estatal, onde o Sárdoma CF recibiu este ano preto de 18.000 euros.

Luisa Sánchez destacou que, se ben se trata dunha cantidade inferior ao do ano pasado debido ao seu descenso, “son preto de 8.000 euros máis do que recibiu o club na convocatoria de 2022”, para engadir que “pese a ter descendido de categoría a Deputación continúa considerando que compiten en ámbito estatal” . Consecuencia ademais, sinalou a responsable de Deportes na provincia, dos cambios nas bases da citada orde de subvencións, corrixindo “desequilibrios que se viñan dando nas convocatorias anteriores e favorecendo un reparto máis ecuánime dos fondos provinciais, tal e como demandaban os propios clubs, ponderando criterios como as licencias femininas, de deporte adaptado ou de base”.

Esta liña de achegas, que se outorgaron por concorrencia competitiva, están dotadas con 900.000 euros, 50.000 euros máis que o pasado ano. Segundo indicou, ao abeiro deste apoio “80 clubs de todas as disciplinas e modalidades deportivas da provincia resultaron beneficiarias da convocatoria da subvención, 29 delas na cidade de Vigo cun investimento de 307.184 euros”.

A vicepresidenta provincial puxo esta circunstancia como un exemplo máis do compromiso da Deputación co deporte, e lembrou que ademais dunha área estratéxica será tamén unha da que máis vexa incrementado o seu orzamento nas contas de 2025, cun 15% máis de recursos respecto aos deste ano (ata 6,4 millóns) e outros 8 millóns do segundo Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas