HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez pon en valor o compromiso da Deputación co automobilismo na...

Luisa Sánchez pon en valor o compromiso da Deputación co automobilismo na presentación do Rallye Recalvi Rías Baixas

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este mércores na presentación do 58º Rallye Recalvi Rías Baixas, que se desenvolverá do 3 ao 5 de xullo co apoio da institución provincial baixo a organización da Escudaría Rías Baixas e a Fundación Recalvi. Luisa Sánchez sinalou como “ano tras ano continuades consolidándoos como un dos grandes eventos do motor na provincia e toda Galicia, e por iso non dubidamos en apoiarnos ano tras ano no marco do noso compromiso coa promoción do deporte en todas as súas disciplinas e, concretamente, na posta en valor do automobilismo”.

Neste sentido, a vicepresidenta da Deputación lembrou a posta en marcha do pioneiro +Talento Motor, que leva ás súas costas dúas edicións de grande éxito “formando e impulsando a novas promesas do automobilismo galego para que poidan medrar no mundo do motor con todo o respaldo técnico e humano”. En canto ao Rallye Recalvi Rías Baixas, Luisa Sánchez trasladou os seus parabéns á nova directiva da Escudaría pola “ambición de comezar por todo o alto introducindo novidades que agardamos que contribúan a que esta proba sida dando saltos de calidade”.

Publicacións Relacionadas