HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez promociona Vigo na televisión latinoamericana co gallo da celebración do...

Luisa Sánchez promociona Vigo na televisión latinoamericana co gallo da celebración do Galicia Fest

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta provincial interveu no popular programa ‘Show Business News’, que gravou unha reportaxe na cidade sobre o impacto dos festivais no turismo e na cultura

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, exerceu esta fin de semana de embaixadora da cidade de Vigo ante a audiencia latinoamericana coa gravación dunha reportaxe para o programa ‘Show Business News’ canda o presentador, actor  e cantante Francisco León.

O espazo, que se emite en varios países do continente americano como Colombia, México, Venezuela ou incluso os Estados Unidos, aproveitou a celebración do Galicia Fest para afondar no impacto que teñen os festivais de música no turismo e na cultura das cidades. Ademais de salientar o retorno que xeran este tipo de eventos, Luisa Sánchez gabou as bondades de Vigo como destino turístico e deu a coñecer algúns puntos da urbe olívica como O Berbés ou o Casco Vello.

‘Show Business News’, do grupo Cadena Media, emítese en máis de 40 canais de televisión do mundo e pode presumir de ser un dos programas máis lonxevos e máis vistos en Latinoamérica, cunha audiencia de ata 20 millóns de espectadores.

Publicacións Relacionadas