Luisa Sánchez remarca a estreita relación entre Castelao e Vigo na conmemoración do 75 aniversario do falecemento do intelectual no IES vigués que leva o seu nome

adminON
Lectura mínima de 1

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar nos actos organizados no IES Castelao de Vigo para conmemorar o 75 aniversario do falecemento do intelectual. Sánchez aproveitou a ocasión para remarcar a estreita relación entre o galeguista e a cidade olívica, subliñando que foron persoeiros da cultura de Vigo os que o propuxeron para ser cabeza de lista da candidatura que levou a Castelao ao Parlamento por vez primeira. Tamén recordou que na cidade protagonizou o Día de Galicia, se estreou como conferenciante e mesmo foi tratado dos seus problemas de vista.

“Imos implicarnos moi estreitamente neste 75 aniversario do falecemento de Castelao –recordou  a vicepresidenta- pola estreita relación que ten con Vigo e coa provincia, para manter vivo entre nós o seu importante legado”. Neste eido, Sánchez animou a visitar, tamén virtualmente, as salas propias dedicadas a Castelao no Museo provincial, que custodian a maior parte da súa obra artística, ademais da súa biblioteca e documentación persoal.

Comparte este artigo