A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, estivo presente este domingo na 32ª edición da Festa do Judo Infantil, que reuniu no Pavillón das Travesas de Vigo a centos de nenos e nenas para compartir exhibicións e probas de técnica. Ademais de participar na entrega de premios, felicitou ás e aos deportistas polo esforzo e a ilusión que transmiten sobre o tatami. Igualmente, valorou de xeito positivo o impacto que o evento, organizado pola Federación Galega de Judo xunto a clubs locais e escolas deportivas, ten no deporte base da provincia.



