A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, saudou este sábado no porto de Vigo a tres colectivos da cidade que participan nas actividades do programa provincial +Convivencia. En concreto trátase dun grupo de 58 persoas da ANPA “Os Únicos” do CEIP Plurilingüe Paraixal de Teis e outro de 59 persoas na ANPA Vial CUVI do IES Nº 2 de Valadares que pasan o día nas illas Cíes, e un último grupo de 41 persoas da Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo que viaxan ás illas Ons e Sálvora.
+Convivencia, dotado de 275.000 euros (fronte aos 22.000 euros de 2024) é un programa de grande éxito posto en marcha pola Deputación para facilitar o intercambio de experiencias e o coñecemento do basto patrimonio co que conta a provincia de Pontevedra. As asociacións poden organizar as actividades pola súa conta, contribuíndo ao desenvolvemento do comercio local, con axudas de ata 1.200 euros. En 2024 unha de cada cinco actividades, 41 de 202, reparou nalgún colectivo da cidade de Vigo. O prazo de solicitude para os colectivos segue aberto ata o próximo 1 de decembro.