HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuisa Sánchez valora a Feira de Emprendemento Infantil de Vigo como un...

Luisa Sánchez valora a Feira de Emprendemento Infantil de Vigo como un espazo para fomentar a creatividade e a iniciativa entre a rapazada de xeito práctico e divertido

- Anuncio -spot_img

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este luns ao Mercado do Calvario con motivo da celebración da primeira edición da Feira de Emprendemento Infantil de Vigo, un evento que promove a creatividade, a iniciativa propia e o espírito emprendedor entre decenas de nenas e nenos de 8 a 12 anos. A tamén deputada de Economía e Impulso ao Emprego puxo en valor o carácter formativo e social da feira, na que a rapazada puido crear e vender os seus propios produtos –desde pulseiras ata xoguetes reciclados, pasando por postais- para recadar fondos de cara ás excursións de fin de curso. Ademais, subliñou o impacto positivo xerado na dinamización do Calvario cun ambiente festivo polo aniversario da praza de abastos, que acolleu actividades de animación. Na visita tamén participou a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

Publicacións Relacionadas