O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu esta mañá no Pazo Provincial ao alcalde de Vilardevós, Manuel Cardoso, que avanzou a súa vontade de non aspirar á reelección nos vindeiros comicios municipais do 28 de maio.
O presidente da Deputación expresou o seu agradecemento a Manuel Cardoso por “estes doce anos de dedicación polo concello, o seu compromiso público e a leal cooperación institucional, e nos que destacou na defensa e reivindicación de Vilardevós e toda a comarca de Monterrei”.
Manuel Baltar pon en valor “o traballo realizado por Manuel Cardoso en Vilardevós, sempre apoiado no seu coñecemento do territorio” e implementando “proxectos e servizos públicos deseñados para atender as demandas dos veciños do concello e garantir o seu benestar”.