Home Ourense A Limia Manuel Baltar avanza o apoio da Deputación a novos proxectos propostos polos...

Manuel Baltar avanza o apoio da Deputación a novos proxectos propostos polos concellos de San Amaro, Vilar de Barrio, Verea, A Mezquita e Montederramo

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial mantivo ao longo desta mañá reunións de traballo con Fernando Redondo, Manuel Conde, José Antonio Pérez, Rafael Pérez e Antonio Rodríguez para implementar novas liñas de colaboración

“Como administración máis próxima aos gobernos locais, un dos nosos eixos fundamentais é escoitar as necesidades dos concellos da man dos seus máximos representantes e contribuír a resolvelas”, recalca Manuel Baltar

O presidente da Deputación avanzou aos rexedores o apoio a iniciativas perfiladas arredor da mellora das infraestruturas públicas, servizos, saneamento ou eficiencia enerxética: “Con esta cooperación, a Deputación contribúe a fornecer o benestar dos concellos a través de apostas de futuro dos seus alcaldes”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo ao longo desta mañá reunións de traballo no Pazo Provincial cos alcaldes de San Amaro -Fernando Redondo-; Vilar de Barrio -Manuel Conde-; Verea -José Antonio Pérez-; A Mezquita -Rafael Pérez-; e Montederramo -Antonio Rodríguez-, co fin de avaliar os proxectos xa realizados dentro da colaboración entre a administración provincial e local e trazar novas liñas de cooperación a materializar nos próximos meses.

Manuel Baltar define as cinco xuntanzas como “moi frutíferas” e as enmarca dentro da “estreita colaboración que mantemos cos gobernos locais de toda a provincia”. Os concellos, explica o presidente do goberno provincial, “son a administración máis próxima a veciñanza, e a administración máis próxima aos concellos é a Deputación. No noso ADN está a cooperación e atender as peticións consideradas como prioritaras polos alcaldes segundo a súa acción de goberno”.

“A Deputación, con estes apoios económicos, contribúe a fornecer o benestar destes concellos a través de apostas de futuro dos seus alcaldes. E aí vai estar este goberno provincial”, recalca Manuel Baltar antes de por en valor á importancia da xestión económica da administración provincial como ferramenta chave nesta colaboración: “Un dos eixes fundamentais da Deputación está aquí; en escoitar da man dos máximos representantes dos concellos de toda a provincia as súas necesidades e contribuír a resolvelas dun xeito rápido e eficaz, grazas á débeda cero e o excelente traballo do persoal da administración provincial”.

O presidente da Deputación de Ourense avanzou o compromiso do goberno provincial con iniciativas presentadas esta mañá polos rexedores, perfiladas arredor da mellora das infraestruturas públicas, servizos, saneamento ou eficiencia enerxética.

En San Amaro, a Deputación colaborará co proxecto de mellora enerxética de Eiras, co que se renovará o alumeado público desta parroquia. Ademais, cooperará na mellora dos firmes das estradas das parroquias de San Amaro e Beariz.

En Vilar de Barrio, a Deputación de Ourense colaborará co Concello e a Confederación Hidrográfica Miño – Sil no saneamento integral do río Arnoia ao seu paso por Arnuide.

En Verea, a Deputación de Ourense colaborará co Concello comprometéndose a instalar a cuberta do fogar residencial, iniciado con fondos municipais.

Na Mezquita, a Deputación de Ourense colaborará na segunda fase dun viveiro de prantas de castiñeiro e cos proxectos de actualización do inventario de bens e a sinalización das rúas do municipio.

Por último, en Montederramo a Deputación de Ourense reforzará o seu compromiso no apoio a proxectos vencellados cos servizos públicos.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez clausura na sede da Deputación en Vigo o III Torneo...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, clausurou esta tarde na Sede da Deputación en Vigo o III Torneo Nacional de Debate. Sánchez...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no Teatro Salesianos á VIII Gala Solidaria Bicos de Papel, que celebrou esta...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Belén Cachafeiro recorreu xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, esta actuación de seguridade viaria que se está...

A Deputación pon en marcha este domingo no Castelo de Soutomaior o obradoiro de...

0
Este domingo tamén terá lugar o percorrido Camelia e saúde, que se repetirá entre o 11 e o 16 de marzo para divulgar as...

A Deputación leva este domingo a 25 persoas da provincia a desfrutar do programa...

0
Veciños e veciñas de nove concellos da provincia gozarán de estancias no Hotel Carlos I Silgar, situado en Sanxenxo 25 persoas de nove concellos da...

A Deputación supervisa en Rodeiro os traballos de execución de cunetas de seguridade e...

0
A deputada de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, percorreu as actuacións que se están a desenvolver en ambas estradas provinciais e que contan cun investimento de...

Publicacións Relacionadas