Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar define como “todo un luxo unir a recoñecida traxectoria de...

Manuel Baltar define como “todo un luxo unir a recoñecida traxectoria de Iván Trujillo á historia do Ourense Film Festival”

- Anuncio -

O presidente provincial recibiu ao presidente do xurado internacional do OUFF26, que esta tarde recolleu no Liceo o Veliano de Honra, galardón que vén de instituír a Fundación Carlos Velo, organizadora xunto coa institución provincial do certame

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao director xeral do canal de televisión da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), Iván Trujillo, presidente do xurado internacional do OUFF26 que esta tarde recolleu no Liceo o Veliano de Honra, galardón que vén de instituír a Fundación Carlos Velo, organizadora xunto coa institución provincial do certame.

Trala firma no Libro de Honra da Deputación de Ourense, “tendo en conta o seu peso e protagonismo na historia do cinema”, Manuel Baltar definiu como “todo un luxo contar coa presenza dun cineasta internacional da talla de Iván Trujillo, e máis aínda que una a súa recoñecida traxectoria á historia do festival, abrindo ás portas a unha etapa de máxima colaboración entre Ourense e México”. O presidente provincial quixo destacar tamén o gran labor realizado pola Fundación Carlos Velo, coa súa presidenta Carmen Leyte á fronte, “para vincular a Trujillo, discípulo de Carlos Velo, ao Festival Internacional de Cine de Ourense, cun máis que merecido recoñecemento á súa profesionalidade e paixón pola sétima arte”.

Iván Trujillo foi director xeral da Filmoteca da UNAM, director do Festival Internacional de Cine de Guadalaxara e presidente da Federación Internacional de Arquivos Fílmicos. Posúe unha longa experiencia en produción e difusión audiovisual en México, ademais de participar como xurado de diversos certames. Con diversos galardóns no seu poder por curtametraxes e series, foi condecorado Cabaleiro da Orde das Artes Letras” polo goberno de Francia e distinguido polo goberno de España coa Encomenda ao Mérito Civil.

Relacionadas

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que...

0
Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de...

A Deputación de Pontevedra aconsella tratar as camelias ante os pulgóns e o ácaro...

0
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro recomenda manter a vixilancia ante o mildio nas viñas, así como revisar os buxos por se se precisa tratar...

Luis López anuncia a aprobación do novo Plan Director de Sobroso, con 1,5 millóns...

0
O proxecto recolle actuacións en materia de accesibilidade, iluminación, novos equipamentos ou deseño de actividades complementarias, entre outras A Xunta de Goberno da Deputación aprobou...

A Deputación aproba unha achega por valor de 70.000 euros para realizar melloras no...

0
O presidente Luis López avanza que a actuación será financiada integramente pola institución provincial xa que aos 70.000 € do Plan Extraordinario de Infraestruturas...

A Deputación adxudica as obras de substitución da cuberta de varios edificios de Príncipe...

0
Con esta actuación resolveranse os problemas de filtracións de auga e humidades no edificio Agarimo e no almacén xeral do recinto A Xunta de Goberno...

Luis López anuncia a posta en marcha do novo programa “Pontevedra, provincia +inclusiva”, dotado...

0
As entidades sociais poderán recibir ata 10.000 euros da Deputación de Pontevedra para promover actuacións que promovan a seguridade e a autonomía das persoas O...

Publicacións Relacionadas