Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar destaca o compromiso da Deputación na posta en valor da...

Manuel Baltar destaca o compromiso da Deputación na posta en valor da fortaleza de Monterrei, “un espazo máxico e un activo chave para toda a provincia de Ourense”

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial participou esta mañá na presentación do proxecto de rehabilitación e valorización cultural e turística da acrópole, enmarcado no Plan Xacobeo Next Generation

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a recuperación da fortaleza como un modelo da alianza do turismo co patrimonio histórico

O alcalde de Monterrei ponderou a necesidade de crear un ente xestor que asuma o seguimento da estratexia de impulso a este proxecto, contando coa presenza dos sectores implicados e actores públicos como a propia Deputación de Ourense

As obras comezarán a licitarse en 2023 e está previsto actuar no complexo ata 2025 coa intervención en 20.000 metros cadrados de espazos públicos, co obxectivo de impulsar os recursos turísticos de Monterrei

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Monterrei na presentación do proxecto de rehabilitación e valorización cultural e turística da fortaleza de Monterrei, enmarcado no Plan Xacobeo Next Generation, dotado con máis de 30 millóns de fondos europeos e que inclúe actuacións nunha ducia de Bens de Interese Cultural (BIC) como é o propio complexo de Monterrei.

O acto, presidido polo titular da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, contou coa presenza do alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e outros rexedores da comarca; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; deputados e parlamentarios; ademais do director do Parador de Turismo de Monterrei, David Lorenzo; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal; veciños e o equipo técnico responsable do proxecto de valorización.

Na súa intervención, Manuel Baltar puxo énfase na palabra cooperación, xa que grazas aos fondos europeos do Plan Xacobeo Next Generation que solicitou a Xunta de Galicia e á colaboración da Deputación e do Concello de Monterrei “hoxe estamos a facer unha homenaxe á historia”. O pasado é un dos aspectos máis importantes a ter en conta, afirmou, “porque só a perspectiva histórica nos permite comprender a relevancia desta fortaleza”.

Nesta liña o presidente do goberno provincial repasou algúns dos fitos históricos que definen á tamén coñecida como Vila de Monterrei, apuntando que xa no século XIV se falaba do castelo como “a chave do reino de Galicia”, acollendo cen despois a primeira imprenta da comunidade galega na que se editaría o libro máis antigo da nosa historia: o “Misal Auriense”, en 1494. Tampouco faltaron referencias a Miguel de Cervantes, que a finais do século XVI estudou no colexio dos xesuítas que ocupaba unha parte da fortaleza, ou á segunda cidade máis importante de México que tamén se chama Monterrei en honor ao castelo.

Toda esta bagaxe e mailo proxecto de revalorización presentado hoxe, engadiu Manuel Baltar, “van permitir poñer en valor un espazo absolutamente máxico que, sen dúbida, será un dos lugares que terá que visitar calquera persoa que se achegue a Galicia e un axente chave na dinamización de toda a comarca e a provincia de Ourense”.

Alfonso Rueda define a recuperación do castelo-fortaleza como modelo da alianza do turismo e o patrimonio histórico

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou na súa intervención a recuperación do castelo-fortaleza de Monterrei como modelo da alianza do turismo co patrimonio histórico.

Segundo explicou Alfonso Rueda, o obxectivo do plan pasa por “respectar a esencia e a utilidade pública” do monumento ao mesmo tempo que “se lle dá cabida a novos investimentos” no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Deste xeito, a fortaleza de Monterrei “pódese converter nun dos grandes polos de atracción turística de toda Galicia”, en palabras do presidente do goberno autonómico. “Temos unha enorme oportunidade e imos facer as cousas ben sabendo que temos un tesouro”.

Creación dun ente xestor coa participación da Deputación de Ourense

Pola súa banda, José Luis Suárez aludiu tamén a factores artísticos, xeográficos e culturais “que fan da Vila de Monterrei un eixo estratéxico para o desenvolvemento dun amplo territorio”. As actuacións presentadas hoxe, afirmou, “van asentar os alicerces dunha continua, coherente e axeitada protección, conservación, restauración, documentación, difusión, mellora da accesibilidade e sustentabilidade do monumento”.

Neste proceso, o alcalde destacou dúas grandes prioridades. Por unha parte a necesidade dun Plan Director da Fortaleza “que nos permita alcanzar un equilibrio entre os usos cultural, comercial e turístico”. En segundo lugar citou a creación dun ente xestor que asuma o seguimento dunha estratexia coherente e consensuada cos sectores implicados, invitando expresamente a participar no ente á Deputación de Ourense, convite que recolleu Manuel Baltar.

Traballo de recuperación dividido en dúas fases

O titular do Goberno galego avanzou que a intención é licitar as obras ao inicio do 2023 para logo levar a cabo un traballo dividido en dúas fases; a primeira, coa recuperación dos edificios do Cuartel de Infantería, o antigo Concello e o Colexio de San Xoán; e a segunda, con actuacións adicionais na Praza do Mercado e na Praza de Armas para poñer en valor os seus usos turísticos.

En total, segundo explicou na súa intervención Ángel Cid, arquitecto coordinador do proxecto, está previsto actuar no complexo ata o ano 2025 coa intervención en 20.000 metros cadrados de espazos públicos, coa mellora da eficiencia enerxética e a mobilidade e co aproveitamento e impulso dos recursos turísticos.

Ao rematar a presentación do plan, Ángel Cid guiou ás autoridades presentes no acto por algúns dos puntos clave da intervención prevista na fortaleza de Monterrei.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

A Deputación conta cun novo aparcamento de bicicletas no Edificio Administrativo de Pontevedra

0
A nova instalación ten espazo para asegurar simultaneamente dez bicicletas diferentes, e está localizada na parte traseira do edificio A Deputación de Pontevedra pon desde...

Luis López destaca as 170 adopcións e o coidado de 288 cans no que...

0
O dirixente provincial percorreu as instalacións deste centro de acollida dependente da Deputación acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda A Deputación destina 1,4 millóns...

Publicacións Relacionadas