HomeDeputaciónsDeputación OurenseManuel Baltar, no XVI Encontro de Vilas Termais, defende o termalismo como...

Manuel Baltar, no XVI Encontro de Vilas Termais, defende o termalismo como “un ben de interese xeral que beneficia a todos e peza angular dos nosos territorios”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense e da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA) participou na inauguración das xornadas organizadas pola sección de vilas termais da FEMP, que se celebra hoxe e mañá sábado no balneario de Arnoia

Manuel Baltar cualificou como “un deber e unha obrigación” o apoio da Deputación a un encontro que converte a Arnoia na capital do termalismo nacional e máximo representante das 15 vilas termais da provincia. “Desde Ourense -dixo- tentaremos ofrecer a versión máis brillante do termalismo”

O titular do goberno provincial avanzou a visita dos asistentes ao Pazo Provincial para coñecer o proxecto do gran hotel balneario de referencia en Europa: “Será unha realidade en 2027 e, sen dúbida, non só o motor económico da cidade, senón tamén de toda a provincia e unha das postais desa Galicia que hoxe vos acolle”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, defendeu esta mañá o termalismo como “un ben de interese xeral que repercute en beneficio de todos, ademais de ser unha peza angular no desenvolvemento dos nosos territorios”. Manuel Baltar pronunciou estas palabras no transcurso da inauguración do XVI Encontro de Vilas Termais que, organizado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celébrase desde hoxe e ata mañá sábado no balneario de Arnoia, coa participación de representantes de enclaves termais chegados de toda España.

Manuel Baltar cualificou como “un deber e unha obrigación” o apoio da Deputación de Ourense a un encontro que converte á localidade de Arnoia na capital do termalismo nacional e máximo representante das 15 vilas termais da provincia. “Desde Ourense -dixo- tentaremos ofrecer a versión máis brillante do termalismo”. Incidiu tamén no impulso á consideración da auga termal como saúde, “o cal apreciamos claramente tras os duros tempos da pandemia, ata o punto de defender un ben que pode ser considerado como un tesouro”.

En calidade de presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), Manuel Baltar puxo en valor a liña de traballo das entidades que traballan no ámbito do termalismo, tanto desde o punto de vista turístico como de saúde, subliñando que “nesta dinámica e neste percorrido é moi importante o labor que realiza a sección de vilas termais da FEMP”.

Manuel Baltar anticipouse a unha das actividades previstas no programa de hoxe, a visita ao Pazo Provincial onde a Deputación promove un gran hotel balneario de referencia en Europa, afirmando que “será unha realidade en 2027 e, sen dúbida, non só o motor económico da cidade, senón tamén de toda a provincia e unha das postais desa Galicia que hoxe vos acolle”.

A área Termal da Xunta de Galicia, un interlocutor para todo o sector

No acto inaugural desta mañá tamén participaron o alcalde de Cuntis e presidente da sección de vilas termais da FEMP, Manuel Campos; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e como anfitrión o alcalde de Arnoia e tamén vicepresidente primeiro da citada sección termal da FEMP, Rodrigo Aparicio. Entre os asistentes tamén se atopaban representantes das Cortes Xerais pola provincia de Ourense, o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, así como tamén representantes do sector termal.

Nava Castro referiuse á implicación da Xunta de Galicia co termalismo, “incluíndo ás vilas termais e con centros históricos nos plans territoriais cos que optamos a fondos europeos”, aínda que destacou a recente creación da área Termal da Xunta, “que terá a súa sede en Ourense e actuará como interlocutor para todas as vilas e balnearios da comunidade”.

Manuel Campos puxo énfase na “importancia maiúscula da sección de vilas termais da FEMP, vilas que en toda España teñen como característica principal que estamos situadas en pobos pequenos, co que implica este sector como motor económico”. Tras dar a benvida a todos os asistentes, Rodrigo Aparicio recoñeceu a implicación de Manuel Baltar no impulso ao termalismo e fixo un chamamento a aproveitar as oportunidades que ofrecen os fondos europeos de recuperación.

Análise de experiencia turísticas, sustentabilidade e visitas a enclaves termais ourensáns

A xornada matinal desta primeira sesión de traballo do encontro incluíu entre os asuntos para tratar os modelos de sustentabilidade e boas prácticas das vilas termais europeas, ademais da presentación de experiencias turísticas saudables entre as que figuraba o proxecto “Ourense Termal”, as termas de Prexigueiro e o roteiro de enoturismo de Ribadavia e o roteiro termal da eurociudad Chaves-Verín. Xunto coa visita ao Pazo Provincial para ver in situ o proxecto do gran balneario de Ourense, os participantes tamén terán ocasión esta tarde de coñecer a vila termal de Verín, o recinto balneario de Cabreiroá e as antigas instalacións de Caldeliñas.

Mañá sábado o programa comezará coa presentación dun proxecto da FEMP que se enmarca no plan “Experiencias Turismo España”, dentro do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. As axudas para proxectos de enerxía limpa en municipios de reto demográfico; unha presentación sobre a historia da EHTTA; o 150 aniversario da vila termal de Mondariz; e a presentación de Termatalia Uruguai 2023 completarán unha xornada que tamén contempla visitas a Arnoia e Ribadavia.

Publicacións Relacionadas