HomeDeputaciónsDeputación OurenseManuel Baltar reivindica a “capacidade de resposta dos gobernos provinciais” #ante calquera...

Manuel Baltar reivindica a “capacidade de resposta dos gobernos provinciais” #ante calquera necesidade de concellos e axentes sociais: “Sempre somos parte da solución”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense interveu esta mañá no Marcos Valcárcel na XIII Conferencia Política da CEPLI, “Resiliencia e recuperación: un enfoque multinivel para a xestión de riscos”

Manuel Baltar reivindicou o traballo realizado polo goberno provincial de Ourense neste ámbito, con fitos como a blindaxe do mapa de emerxencias, a colaboración na prevención e extinción de incendios, o plan EmergOU ou a resposta #ante a pandemia

Esta Conferencia Política contou coa participación dunha vintena de representantes políticos e expertos de países como Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Polonia ou Turquía

O presidente da CEPLI, André Viola, leu no peche a “Declaración Política de Ourense”, que reclama un maior peso específico dos Poderes Locais Intermedios no deseño e execución dos fondos de cohesión

O secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias, Carlos Daniel Casares, avanzou na súa intervención que levará a xunta de goberno a reincorporación da FEMP á CEPLI

O presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente da Confederación Europea de Poderes Locais Intermedios (CEPLI), Manuel Baltar, inaugurou esta mañá no Marcos Valcárcel a XIII Conferencia Política da CEPLI, “Resiliencia e recuperación: un enfoque multinivel para a xestión de riscos”.

Esta conferencia política, celebrada en formato híbrido e con interpretación simultánea en sete idiomas -español, francés, italiano, polaco, romanés, inglés e alemán-, contou coa intervención dunha vintena de representantes políticos e expertos de países como Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, Polonia ou Turquía.

Na apertura, Manuel Baltar reivindicou que esta “administración traballa como ningunha outra a nivel comunitario. O que fai que hoxe estean aquí os máximos representantes das provincias francesas, italianas, polacas ou romanesas, xunto a institucións modélicas como a Deputación de Barcelona ou a de Badaxoz”.

“As provincias existen e os intereses provinciais existen”, lembrou na súa intervención Manuel Baltar, que puxo en valor a importancia de participar neste tipo de encontros para “achegar e sumar iniciativas, dentro dunha folla de roteiro marcado pola colaboración xurídica, técnica e económica” cos concellos e axentes sociais do territorio: “A nosa capacidade de resposta #ante calquera situación fai que sempre sexamos parte parte da solución e nunca do problema, algo que está na esencia mesma das deputacións”.

Manuel Baltar estivo acompañado na apertura da Conferencia Política polo presidente desta entidade europea, André Viola, e polo secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Carlos Daniel Casares, que avanzou na súa intervención que trasladará á xunta de goberno da FEMP a reincorporación á CEPLI -entidade na que participaron na súa fundación, en 2008-. Casares, que definiu a Manuel Baltar como unha “persoa FEMP” polo seu “compromiso coa axenda do municipalismo a todos os niveis”, aproveitou para reivindicar o traballo realizado polos concellos e deputacións na xestión da pandemia: “Polo mundo local pasa todo. Somos Estado, con tres funciones clave: cohesión territorial, cohesión social e contribuír a consolidar o Estado do Benestar”.

A xestión das catástrofes naturais

Manuel Baltar tamén participou na última mesa do segundo panel da Conferencia Política, acompañado polo presidente da CEPLI, André Viola; a vicepresidenta da Deputación de Barcelona e alcaldesa de Esplugues, Pilar Díaz; e Pałka Wojciech, representante da asociación de condados de Polonia.

Na súa intervención, Manuel Baltar puxo en valor o traballo desenvolvido pola Deputación de Ourense, “sempre co foco posto no territorio e nas persoas”, analizando a continuación a resposta dada pola administración provincial en situacións de emerxencia. O goberno provincial ourensán, lembrou, suma fitos como o peche do mapa provincial de emerxencias, a posta en marcha do Consorcio provincial contra incendios, o plan EmergOU ou a resposta #ante a pandemia.

Lectura da “Declaración Política de Ourense”

Como peche da Conferencia Política, o presidente da CEPLI, André Viola, leu a “Declaración Política de Ourense”, aprobada na Asemblea Xeral celebrada onte pola tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

Esta declaración reivindica que “os gobernos locais intermedios están na primeira liña para facer fronte ao impacto dos desastres provocados por ameazas naturais ou provocadas polo home. E demostraron unha capacidade de reacción que lles permite identificar solucións concretas mediante a implementación de políticas públicas destinadas a anticipar e reducir os riscos de desastres”. A redución do risco de desastres, sinala esta declaración, “ofrece unha oportunidade única para xerar cohesión. Coa súa experiencia e recursos, os gobernos locais apoian aos municipios nos seus esforzos por reducir os riscos e xerar resiliencia”.

A CEPLI, como a maior confederación europea de autoridades locais intermedias da Unión Europea, considera que o “desenvolvemento sostible e a redución do risco de desastres deben concibirse colectivamente nunha lóxica de gobernanza multinivel”.

Neste sentido, a “Declaración Política de Ourense” expón que os Poderes Locais Intermedios están “preparados para asumir un forte liderado para coordinar e facilitar unha xestión de riscos eficaz”. En cumprimento do principio de subsidiariedad, “a súa proximidade á cidadanía e o seu enfoque territorial fanas imprescindibles na anticipación, preparación, alerta e reacción #ante catástrofes, así como na reconstrución do territorio”. Dentro do seu traballo diario cos municipios e comunidades locais, os PLI “desenvolven “estratexias e plans de acción locais para protexer e manter a infraestrutura que garante a continuidade dos servizos e aumentar a resiliencia”, ademais de facilitar a planificación de investimentos crave para mellorar a resiliencia”.

Sobre esta base, a CEPLI chama aos Estados membros da Unión Europea e ás institucións europeas a traballar ao redor de varios puntos crave, que se poden resumir en avanzar no recoñecemento dos Poderes Locais Intermedios (PLI) como actores fundamentais tanto fronte aos desastres naturais como no reforzo da resiliencia territorial e na promoción da alianza público-privada para crear emprego; e reivindicando a súa capacidade para mellorar a absorción dos fondos de cohesión comunitaria dedicados á resiliencia. Por iso, culmina a “Declaración Política de Ourense”, os Poderes Locais Intermedios “deben involucrarse desde o inicio do proceso de definición, posta en marcha e seguimento dos futuros fondos de cohesión comunitarios”.

Paneis con expertos de toda Europa

Despois do acto de inauguración, Nestor Alfonzo Santamaría, experto na redución de riscos de catástrofes da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), impartiu chárlaa “Vulnerabilidade territorial e impacto dos desastres a modo de comentarios introdutorios á xornada.

Baixo o título “Protección Civil Europea e as accións das Autoridades Locais Intermedias”, o primeiro panel -moderado como o resto da Conferencia Política polo coordinador de Partenalia, Nicolàs Reynès- reuniu a Laura Indriliunaite, directora xeral da European Civil Protection and Humanitarian Aid Operations da Comisión Europea e a Wiktor Szydarowski, director do programa comunitario de cooperación ESPON. Tamén interveu cunha mensaxe gravada o alcalde metropolitano de Izmir, Mustafa Tunç Soyer, que relatou a situación que vive actualmente Turquía tras o terremoto de febreiro.

Como membros da CEPLI, tamén participaron neste primeiro panel abordando as realidades dos seus respectivos países neste ámbito Luca Menesini, presidente do consello provincial de Lucca e da Unión das Provincias Italianas; Catalin Dumitru, presidente do condado de Vrancea e da Unión Nacional de Consellos Judet de Romanía; Tanguy Stuckens, presidente da provincia de Brabante Valón e da Asociación de Provincias Valonas; e Knut Bühler, representante da federación alemá de municipios e provincias.

Titulado “Cultura de risco e comunicación coa poboación, sensibilización, formación e participación”, o segundo panel arrincou coas disertacións de Frank Roselieb, director xeral e xefe de investigación de Crisisnavigator – Institute for Crise Research – unha spin-off da Universidade de Kiel-; Raed Arafat, secretario de Estado responsable das situacións de emerxencia do Ministerio de Relacións Exteriores de Romanía; Myriam Merad, presidenta do Consello Científico da Asociación Francesa para a Prevención de Desastres Naturais e Tecnolóxicos; e Gerard Peltre, presidente de REDE e do Movemento Europeo da Ruralidad.

Publicacións Relacionadas