HomeDeputaciónsDeputación OurenseManuel Baltar remarca a grandeza de Eduardo Barreiros: “É unha obrigación lembrar...

Manuel Baltar remarca a grandeza de Eduardo Barreiros: “É unha obrigación lembrar cada día a este visionario, un verdadeiro referente de Ourense”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación participou esta tarde no Marcos Valcárcel na presentación do libro “Eduardo Barreiros, o meu bisavó fantástico”

“O 24 de outubro, Eduardo Barreiros cumpriría 103 anos. E vainos a cumprir. Porque el é pasado, presente e futuro”, sinalou Manuel Baltar antes de reivindicar a importancia de homenaxear a figura do empresario a través de ferramentas como este “fantástico libro” ou bautizar co seu nome ao Centro de Innovación de Formación Profesional

Manuel Baltar define a Barreiros como “un xigante, un exemplo que sempre permanecerá porque todos os ourensáns somos barreiristas”.

A presidenta da Fundación Eduardo Barreiros, Mariluz Barreiros, explicou que o obxectivo deste libro é “poñer ao meu pai como un exemplo para as novas xeracións, un símbolo de tesón e espírito emprendedor”

“Eduardo Barreiros foi un home sinxelo, xeneroso e humilde, que progresou con perseveranza e capacidade para asumir riscos. É un verdadeiro orgullo de telo como pai, como avó ou como bisavó”, explicou Mariluz Barreiros

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a presidenta da Fundación Eduardo Barreiros, Mariluz Barreiros, presentaron esta tarde no Centro Cultural Marcos Valcárcel “Eduardo Barreiros, o meu bisavó fantástico” acompañados dun dos bisnietos do empresario ourensán, Diego Gómez-Monche. O libro, orientado aos nenos, está escrito por Nuria Martínez e conta coas ilustracións de Ximena Maier.

Manuel Baltar resaltou na presentación do libro, editado pola Fundación Eduardo Barreiros, a valía da figura de Eduardo Barreiros (1919-1992): “Hai moi poucas biografías na Europa do século XX á altura dun home capaz, desde a súa aldea de Gundiás, de terminar sendo unha peza crave na industralización de España, con ferramentas como a factoría de Villaverde ou a posta en marcha do polígono empresarial de San Cibrao”.

O presidente da Deputación valorou a importancia de iniciativas como a publicación deste libro, que “axudan a seguir achegando a figura dun ourensán universal que significa traballo, formación, emprendemento e profesionalidade”.

“O 24 de outubro, Eduardo Barreiros cumpriría 103 anos. E vainos a cumprir. Porque el é pasado, presente e futuro. Un referente para todos, ao que é unha obrigación colectiva seguir lembrando e homenaxeando a través de proxectos como bautizar co seu nome, a pedimento da Deputación de Ourense, o Centro de Innovación de Formación Profesional”, sinalou na súa intervención o titular do goberno provincial, que o definiu como “un xigante, un exemplo que sempre permanecerá porque todos os ourensáns somos barreiristas”.

Manuel Baltar tamén puxo en valor a traxectoria de Mariluz Barreiros, unha muller “valente e con personalidade”, que recibiu o premio Ourensanía e que día a día “reivindica coa Fundación Eduardo Barreiros a memoria dun dos empresarios máis importantes da Europa do século XX”.

Mariluz Barreiros: “É un verdadeiro orgullo ter a Eduardo Barreiros como pai, avó ou bisavó”

Na súa intervención, a presidenta da Fundación Eduardo Barreiros explicou que o obxectivo deste libro é “poñer ao meu pai como un exemplo para as novas xeracións, un símbolo de tesón e espírito emprendedor”. E faio, explica, con “unha linguaxe didáctica e motivador, pensado para todas as idades”.

“Eduardo Barreiros”, explicou Mariluz Barreiros, “foi un home sinxelo, xeneroso e humilde, que progresou con perseveranza e capacidade para asumir riscos. É un verdadeiro orgullo de telo como pai, como avó ou como bisavó”.

Mariluz Barreiros estivo acompañada no Centro Cultural Marcos Valcárcel por parte da súa familia. O seu neto Diego Gómez-Monche -bisnieto de Eduardo Barreiros-, pechou a presentación do libro resaltando a influencia familiar de Eduardo e a da súa avoa Mariluz.

Aproximación didáctica á figura de Eduardo Barreiros

“Eduardo Barreiros, o meu bisavó fantástico” está concibido pola Fundación Eduardo Barreiros como unha aproximación “didáctica e motivadora” á figura do empresario ourensán para nenos da partir de catro anos. En 66 páxinas, cos textos de Nuria Martínez e as ilustracións a cor de Ximena Maier, “narra a incrible historia de Eduardo Barreiros, un neno que empezou a traballar aos once anos para axudar a súa familia e descubriu que mecánica era a súa gran paixón. Grazas aos seus superpoderes (humildade, talento, esforzo e bo corazón) acaba levando a cabo unha idea brillante que o convertería nun inventor xenial e un empresario admirado en todo mundo”.

Publicacións Relacionadas