Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar: “Rueda coñece as nosas necesidades e proxectos estratéxicos, e desde...

Manuel Baltar: “Rueda coñece as nosas necesidades e proxectos estratéxicos, e desde Ourense seguiremos demostrando capacidade de cooperación co Goberno galego”

- Anuncio -

O presidente da Deputación asistiu esta mañá no Parlamento galego á toma de posesión do novo presidente da Xunta. “Unha gran xornada que vai dar paso a un goberno de unidade, continuidade e moderación”

Subliñou o expreso compromiso de Alfonso Rueda “con Galicia e o galeguismo, e por suposto tamén con Ourense”. Valorou positivamente o anuncio dun área termal no Goberno galego, “consecuencia de apostar polo territorio co maior potencial termal de Europa e da miña reelección como presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais”

Expresou o seu orgullo polo protagonismo ourensán no solemne acto de hoxe, ao que lle puxo música a Real Banda de Gaitas da Deputación, “pero tamén polo importante papel que sempre xogamos nas institucións galegas, con representación na presidencia do Parlamento ou no propio Goberno de Galicia”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu hoxe no Parlamento de Galicia á toma de posesión do novo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, do que destacou “o coñecemento das nosas necesidades e proxectos estratéxicos como provincia, plans que temos ao alcance da man porque desde Ourense seguiremos demostrando a capacidade de cooperación co Goberno galego”.

O presidente provincial cualificou o acto desta mañá como “unha gran xornada que vai dar paso a un goberno de unidade, continuidade e moderación”, subliñando o expreso compromiso de Alfonso Rueda “con Galicia e o galeguismo, e por suposto tamén con Ourense”.

Nesta liña valorou satisfactoriamente o anuncio realizado esta semana por Alfonso Rueda no Parlamento como candidato á presidencia da Xunta, onde avanzou a creación dunha área específica de Termalismo no seu goberno e con sede en Ourense. Para Manuel Baltar esta é a consecuencia de apostar polo territorio co maior potencial termal de Europa e pola súa reelección como presidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA).

Un mandato que se estenderá ata 2026, “ano no que abriremos no Pazo Provincial un balneario de referencia, proxecto no que tamén vai colaborar a Xunta de Galicia e que será o emblema de Europa en Ourense, como a cidade mellor conectada de Galicia grazas ao AVE e co maior número de quilómetros de fronteira con Portugal, condición transfronteiriza que debemos aproveitar”.

Manuel Baltar expresou o seu orgullo polo protagonismo ourensán no solemne acto de hoxe, ao que lle puxo música a Real Banda de Gaitas da Deputación, “pero tamén polo importante papel que sempre xogamos nas institucións galegas, con representación da nosa terra na presidencia do Parlamento, ou no propio Goberno de Galicia”.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas