Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar sitúa o novo centro de día de Riós como exemplo...

Manuel Baltar sitúa o novo centro de día de Riós como exemplo da “cooperación” entre administracións: “Abrir este servizo público, esencial para os nosos maiores, é unha magnífica nova para toda a provincia”

- Anuncio -

O presidente da Deputación puxo en valor na inauguración das novas instalacións a aposta polos servizos públicos nos concellos do rural, “unha cuestión prioritaria para este goberno”. Manuel Baltar resalta que, ante as dificultades derivadas da pandemia ou da crise internacional, púxose de manifesto a necesidade dos esforzos compartidos interadministrativos: “Entre todos seguiremos construíndo Riós, Ourense e Galicia”

O novo centro de día suma unha inversión de 576.000 euros entre Deputación, Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Riós. Ten capacidade para 30 usuarios

Manuel Baltar eloxiou o traballo do alcalde do municipio, Francisco Armando Veiga, que deixará o cargo tras 29 anos ao fronte do Concello. O rexedor destaca que o centro de día “reforzará a atención aos nosos maiores”

O xerente do Consorcio Galego sinalou que a Xunta é “moi consciente das necesidades dos concellos do rural”. Perfecto Rodríguez aplaudiu o traballo do goberno municipal e da Deputación: “Esta institución provincial ten unha aposta permanente por dar máis e mellores servizos aos veciños do rural”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, participou esta mañá na inauguración do novo centro de día de Riós, cofinanciado entre a institución provincial, a Consellería de Política Social -a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar- e o Concello de Riós. Na inauguración tamén interviron o alcalde do municipio, Francisco Armando Veiga e o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, dentro dun acto ao que asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, así como concelleiros e alcaldes da comarca e varias decenas de veciños.

Manuel Baltar encadra este novo servizo público na cooperación entre administracións, piar da Deputación, e a acción de goberno do propio alcalde de Riós: “Os proxectos de Francisco Armando Veiga son estes. Pensalos, idealos, soñalos e facelos. É un orgullo estar hoxe aquí, representando ademais a unha institución que cumpre 200 anos e que ten no seu ADN á cooperación, unha palabra que hoxe é máis necesaria que nunca. E a vista están os resultados desta cooperación, poñer á disposición da veciñanza unha infraestrutura deste nivel, para prestar un servizo público esencial para os nosos maiores”.

O presidente da Deputación pon en valor a aposta polos servizos públicos: “Abrir un centro destas características é unha magnífica nova non so para Riós senón para toda a provincia. Dentro do esquema da Deputación de axuda aos concellos, os servizos sociais son prioritarios. O amosamos sempre, pero fundamentalmente nestes tempos, coa pandemia e agora coa complicada situación internacional”. Baltar resalta que coa “axuda de todos, coa cooperación das administracións, seguiremos facendo Riós, facendo Ourense e facendo Galicia”.

O alcalde de Riós resaltou a importancia deste novo servizo, “unha infraestrutura que axudará aos nosos maiores a vivir, se cadra, con máis dignidade. Este é un edificio precioso, que reforza unha cuestión decisiva para este Concello, a atención aos nosos maiores”.

Pola súa banda, o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar lembrou que “a cooperación entre administracións públicas é a mellor forma de prestar servizos aos veciños”. Perfecto Rodríguez recoñeceu o traballo do Concello de Ríos a prol desta infraestrutura, destacou que a Xunta é “consciente da realidade dos concellos pequenos, da súa necesidade de dar servizos públicos” e resaltou o traballo da Deputación: “Esta institución provincial ten unha aposta permanente de colaboración cos concellos, especialmente os máis pequenos, para que os veciños poidan ter máis e mellores servizos”.

Unha inversión pública de 576.000 euros

Para culminar o proxecto, a Deputación achegou 250.000 euros, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar destinou unha partida de 200.000 euros e o Concello de Riós, 78.000 euros. Ademais, dende a administración autonómica destináronse outros 48.000 euros para o equipamento dunha infraestrutura que supón unha inversión pública global de 576.000 euros. O novo centro de día ten capacidade para atender a un máximo de 30 usuarios, dispón dunha superficie máxima superior aos 500 metros cadrados e conta con diferentes espazos, coma unha sala de rehabilitación, outra de carácter polivalente, comedor, salas comúns e cociña.

Recoñecemento de Manuel Baltar ao alcalde de Riós

O alcalde, que deixara o cargo no próximo pleno tras 29 anos ao fronte do Concello de Riós, recibiu o aplauso das autoridades e veciños presentes no acto. “Creo que é hora de dar o relevo, é o momento de deixar o cargo en mans de persoas máis xoves e preparadas”, sinalou Francisco Armando Veiga. O presidente da Deputación resaltou na súa intervención a traxectoria do rexedor: “Poucos coñecen tan ben coma el o que é ser alcalde. Trinta anos gobernando, trinta anos de traballo, de compromiso e de visión. So teño palabras boas, traballar con el é magnífico. E a Deputación seguirá cooperando con Riós con proxectos como o Centro da Castaña, que seguro será un referente do noso rural”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas