Home Deputacións Deputación Ourense Manuel Baltar subliña “a pegada económica, turística e social” que suporá o...

Manuel Baltar subliña “a pegada económica, turística e social” que suporá o parque acuático do complexo deportivo de Monterrei

- Anuncio -

O presidente da Deputación de Ourense visitou hoxe as obras das futuras instalacións, que se espera abran as súas portas no verán de 2023, dentro dun amplo proxecto de reformas da área deportiva e de lecer nas que se investirán 10 millóns de euros, cofinanciados ao 50 % pola institución provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, subliñou hoxe “a pegada económica, turística e social” que suporá a posta en marcha do parque acuático que se está a construír no complexo deportivo de Monterrei, cofinanciado pola Xunta de Galicia e a institución provincial e que se espera abra as súas portas no verán de 2023. Nunha visita ás obras, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, o presidente provincial amosou a súa satisfacción pola evolución dun proxecto que, afirmou, “está destinado a ser unha infraestrutura única en Galicia e punto de referencia para o ocio e o deporte no noroeste peninsular e no norte de Portugal”.

Para Manuel Baltar, o impacto económico e turístico, pero tamén social, “vén avalado pola contorna metropolitana na que se sitúa este complexo recreativo e deportivo, agora con vocación acuática, vantaxes que se verán incrementadas no futuro polas oportunidades que ofrecerá a chegada da alta velocidade e a proximidade á cidade para os visitantes”. O parque, engadiu, “terá un apartado en maiúsculas no catálogo de opcións de ocio non só para os ourensáns, senón tamén para todas aquelas persoas que se acheguen a Ourense desde calquera recuncho, por iso cualificamos este investimento como un proxecto estratéxico para a provincia”.

A visita ao complexo de Monterrei coincide coa licitación das obras de construción da primeira fase do parque acuático, cun orzamento de preto de 5 millóns de euros distribuídos en dúas anualidades (2021-2022) e unha duración estimada de 10 meses. Esta primeira fase inclúe un novo aparcamento, un edificio de acceso, zona de administración e oficinas, e vestiarios, así como unha área de xogos acuáticos infantís. Xunto coas zonas de lecer e as novas instalacións de saneamento e abastecemento, tamén se reformará a zona das piscinas, aproveitando os vasos existentes e incorporando novas funcionalidades e tobogáns. Logo da posta en marcha desta primeira fase, que estará lista no verán de 2022, chegará as seguintes partes do proxecto, coa creación dun río lento que estará rematado no verán de 2023, e a continuación a terceira e a cuarta fases correspondentes ás zonas de adrenalina e multiaventura, que estarán finalizadas no verán de 2024.

10 millóns de euros

A reforma do complexo deportivo de Monterrei conta cunha zona deportiva e unha zona acuática como dúas partes diferenciadas e independentes. O orzamento total é de preto de 10 millóns de euros, cofinanciados ao 50 % entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense. As novas instalacións permitirán ampliar a actual oferta deportiva e, sobre todo, acadar a súa desestacionalización dando servizo os 365 días do ano.

Cabe apuntar que hai tres meses inaugurouse a fase deportiva do complexo, que incluíu a construción dun pump track indoor para bicicleta BTT e deportes urbanos, ademais dunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas e a ampliación da cuberta da pista de atletismo.

Relacionadas

Xunta de Goberno Local extraordinaria para aprobar as novas delegacións de competencias do grupo...

0
O Concello de Ourense convocou esta mañá unha Xunta de Goberno Local extraordinaria onde se aprobaron cambios na delegación de competencias dos concelleiros e...

A Deputación incorpora unha nova máquina para cooperar cos concellos no mantemento e reparación...

0
A Deputación de Ourense continúa a reforzar o seu parque de maquinaria coa adquisición dunha nova máquina compactadora que permitirá mellorar a cooperación cos...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar un novo sistema de...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense deu luz verde a dous novos proxectos construtivos financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan...

Publicacións Relacionadas