HomeDeputaciónsDeputación OurenseManuel Blatar destaca na inauguración da oitava edición da ICC Week, cos...

Manuel Blatar destaca na inauguración da oitava edición da ICC Week, cos Hombres G coma protagonistas, que “Ourense é cultura e creatividade”

- Anuncio -spot_img

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurou esta mañá a oitava edición da Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense, a ICCWeek, subliñando que “Ourense é cultural, é creatividade. A imaxe deste ano é un exemplo claro desa cultura e esa creatividade: o Alpinche. O coche que o gran Estanislao Reverter creou coa carrocería dun Alpine e co motor dun Porsche e que, gracias tamén á Deputación coa colaboración da Fundación fixemos que o motor volva ruxir”

O primeiro día desta Semana tivo como protagonistas indiscutibles aos Hombres G. Paco Trinidad, Paco Martín e Charlie Sánchez participaron nunha interesante mesa redonda na que reivindicaron a importancia cultural desta banda. A xornada finalizou co prato forte: o concerto do grupo de David Summers presentando o seu traballo “La esquina de Rowland”

Previamente, o director artístico Paco Martín presentou o seu libro “Ráfagas” . Mantivo que “Vigo foi unha cidade moi activa, despois de Madrid foi a de maior actividade cultural musical. Galicia foi un dos sitios máis importantes daqueles anos”

O presidente da Deputación visitou pola tarde o pavillón do Mestre Vide, onde se desenrolan as competicións dos “e-sports”

A Semana das Industrias Culturais e Creativas de Ourense, a ICCWeek, que cumpre oito anos, comezou esta mañá os sete días de intensa programación. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lembrou no acto inaugural que “un evento como este, que empezou fai oito anos, ten xa unha visibilidade máis que importante”.

O presidente da entidade provincial, organizadora da ICCWeek, incide en que “Ourense é cultural e é creatividade. A imaxe deste ano é un exemplo claro desa cultura e esa creatividade: o Alpinche. O coche que o gran Estanislao Reverter fixo coa carrocería dun Alpine e co motor dun Porsche e que, gracias tamén á Deputación coa colaboración da Fundación fixemos que o motor volva ruxir.” Animou aos ourensáns a gozar desta semana. “Ábrense uns días máis que importantes, con persoas importantes”, sinalou antes de dirixir unhas verbas aos compoñentes da mesa redonda sobre os Hombres G e ao propio grupo, que pechou a xornada cun concerto no Paco Paz.

Presentación do libro “Ráfagas”

O director artístico Paco Martín, presentado pola xornalista Laura Lunardelli, antes de participar na mesa redonda xunto os produtores fonográficos Paco Trinidad e Charlie Sánchez, presentou o seu libro “Ráfagas”, centrado na súa experiencia nos anos da Movida e postmovida madrileña.

“Foi un momento romántico. Aínda que abusamos desa xuventude”, relatou Martín. “Madrid era unha copia mala de Londres. E nós eramos arquitectos dos nosos propios soños e ninguén nos informou do danos das drogas. Moitos morreron”. Nomeu fotógrafos e grupos como “Los bólidos” que non acabaron o éxito a pesares do talento e deixou claro que “ tiñamos moita ilusión por facer cousas. Estivemos neste negocio para divertirnos e pasalo ben, non para gañar diñeiro”.

Mesa Redonda sobre os Hombres G

Paco Trinidad, produtor fonográfico, contou como anécdota que foi quen fixo a primeira maqueta de Hombres G. “Leveina a todos os lado e a miña compañía me dixo que no, ninguén os quería. Dicían que tocaban mal. Ao principio foi moi duro”. Falou de como na primeira movida madrileña todo o traballo era minoritario. “O gran cambio para chegar a todas as radios pasou con Hombres G. E iso é algo que xamais se lles recoñeceu. Son o grupo que converteu a música rural deste país en música urbana”, indicou.

Para Trinidad “sen Hombres G non existiría o bum da posmovida madrileña. Para min supuxeron un antes e un despois na miña vida, as radios abriron as súas portas e logo meu nome estivo asociado a grandes éxitos. Hombres G non merecían a mala prensa que tiñan, pouca xente atopei máis honesta que eles no mundo da música.”

Opinión na que coincidiron Paco Martín e Charlie Sánchez. O primeiro, o seu descubridor, rescatou o momento que decidiu levalos ata Perú. “Fun vender Hombres G e no aeroporto xa os esperaban unhas 80.000 persoas. Recordoume aos Beatles cando chegaron a América”. Rematou afirmando que “son a historia da música dos últimos 40 anos deste país, é algo impresionante. Un fenómeno que non se vai repetir nunca máis e merecían mellor trato do que recibiron”.

Charlie Sánchez, o último dos tres en traballar coa banda, no disco “Voy a pasármelo bien”, indicou que lle tocou a etapa máis amarga: “Cheguei ao fin do soño, aos tres últimos discos do século XX. Acaban aí os Hombres G e parece que non van existir nunca máis”. Tras facer un repaso por eses anos máis escuros do grupo, Sánchez contou aos asistentes como a aparición de “Operación Triunfo” supuxo o rexurdimento do grupo, “aparece o programa fenómeno máis alá da música e reactivamos o catálogo. Soluciónamo a falla de recoñecemento e comezamos a facer acciones co grupo”.

O presidente da Deputación visitou o pavillón do Mestre Vide, onde se desenrolan as competicións dos “e-sports” da ICC Week

Na xornada de hoxe seguen os torneos gratuítos e libres dos “e-sports” da Ourense ICC Week, cunha gran asistencia de público e participantes o que converte o pavillón do Colexio Mestre Vide nunha gran sala de xogos.

Ademais mantense o torneo invitacional do International Top Simracing (ITS ICC Ourense), aínda sen un claro vencedor. Valerio Gallo, Manuel Rodríguez, A. Inostroza, Nico Romero, Carlos Salazar, Fernando Perpiñán “Perpi”, Pol Urra, e o ourensán Manuel Pérez manteñen a expectación dos asistentes cunhas mangas moi disputadas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acudiu pola tarde ata o pavillón do Colexio Mestre Vide e intercambiou impresións co artista Mon Devane e os pilotos, así coma co mestre de cerimonia, Lucas Ordóñez, de orixe ourensá.

E mañá, a sesión vermú

A segunda xornada da Ourense ICC Week organiza mañá, a partir das doce da mañá, una sesión vermú. Amaro Ferreiro, o Colectivo Da Silva e os ourensáns Tandub ofrecerán bo ritmo nos Xardíns do Padre Feijoo, que contarán cunha carpa para que a choiva non sexa un problema.

Publicacións Relacionadas