Home Deputacións Deputación Pontevedra Manuel Campo Vidal pecha na Deputación o curso sobre territorio rural intelixente

Manuel Campo Vidal pecha na Deputación o curso sobre territorio rural intelixente

- Anuncio -

Será unha xornada de debate sobre emprendemento e servizos de calidade no medio rural, amais dunha conferencia aberta ao público do recoñecido xornalista e presidente de Next Educación, centro organizador do Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente

O Salón de Plenos do Pazo provincial da Deputación de Pontevedra acolle o luns 13 de febreiro, ás 18.00 horas, a xornada “Reto demográfico: emprendemento e servizos de calidade para o desenvolvemento do medio rural”, na que o xornalista Manuel Campo Vidal, que estará acompañado pola presidenta provincial, Carmela Silva, impartirá unha conferencia na que se abordará a importancia do emprendemento para conseguir a inclusión social e frear a soidade non desexada no ámbito rural. A conferencia será aberta ao público aínda que se prega a confirmación de asistencia a través do correo electrónico protocolo@depo.es.

A conferencia é a xornada final do Curso Diplomado Especialista en Territorio Rural Intelixente, da Cátedra de Despoboamento e Reto Demográfico, impulsado pola Deputación en colaboración co centro de Educación Superior Next Educación e supervisado pola Federación Española de Municipios (FEMP). O curso, no que se aportaron coñecementos en sostibilidade, dixitalización, comunicación ou emprendemento para fomentar a competitividade no rural, estivo dirixido ao persoal das administración locais e provinciais (funcionariado, cargos electros, persoal técnico, etc.), así como persoal dos grupos de acción local e persoas emprendedoras do ámbito rural ou interesadas no desenvolvemento de proxectos locais.

A formación, que se desenvolveu de maneira online entre os meses de novembro e decembro do pasado ano 2022, contou, ademais de co propio Campo Vidal, con profesores e profesoras especializadas en crecemento sostible, enxeñería, desenvolvemento rural ou comunicación, entre outras materias, e abordou temas como o concepto innovador de Territorio Rural Intelixente, o novo modelo de planificación, os ecosistemas innovadores e as infraestruturas básicas de Territorio Intelixente, o novo modelo de actuación, a innovación social e o medio rural, o impulso ás pemes e a reconversión territorial, as boas prácticas de desenvolvemento ou as claves para a comunicación eficaz, entre outros.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas