Home Deputacións Deputación Ourense Menor reivindica en Verín a importancia do Plan de Cooperación para a...

Menor reivindica en Verín a importancia do Plan de Cooperación para a planificación dos municipios: “O CooperOU veu para quedarse”

- Anuncio -

O presidente provincial visitou xunto ao alcalde da localidade, Gerardo Seoane e membros da Corporación, as obras e mellora do acceso ao polígono de Pazos, así como outros traballos viarios nos que colabora a Deputación cun importe de 348.000 euros

O alcalde de Verín salientou a importancia do CooperOU para a mellora dos servizos na capital do Támega e agradeceu a súa posta en marcha: “Gracias por este éxito”

Luis Menor lembrou a vocación progresiva do Plan de Cooperación, polo que nos vindeiros orzamentos da Deputación a súa contía alcanzará 18 millóns de euros (un máis que en 2024), o que suporá que Verín pase de 412.000 a 460.000 euros, “chegando a alcanzar máis de 2 millóns de euros nos vindeiros 4 anos”

O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta mañá unha visita institucional ao municipio de Verín, onde visitou en compañía do alcalde e membros da Corporación diversas obras nas que colabora a Deputación Provincial para a mellora de diferentes vías públicas da vila do Támega.

Tal e como explicou o rexedor, Gerardo Seoane, a Deputación está a financiar 348.000 euros no Plan de Asfaltado posto en marcha polo Concello, cun importe total de 648.000 euros. Neste senso, o presidente provincial, Luis Menor, recalcou que Verín é un dos concellos máis “dinámicos e potentes da provincia” e puxo en valor a importancia de que a Deputación axude “a que os concellos tractores das comarcas teñan medios suficientes para dar mellores e servizos á súa veciñanza”.

Lembrou o presidente da Deputación que o Plan cooperou foi deseñado por todos os grupos e aprobado en bases de criterios fixados pola FEGAMP, dando recursos estables e cun espíritu progresivo, o que fai que exista o compromiso de que nos orzamentos deste ano suba nun millón a dotación deste plan, pasando aos 18 millóns de euros, “o que suporá que o Concello de Verín pase de 412.000 a 460.000 euros. Entre o invertido e o que está por invertir, Verín terá garantizados máis de 2 millóns de euros nos vindeiros 4 anos”, explicou Menor. A nivel provincial, Menor explicou que o Plan de Cooperación permitirá aos concellos  contar con planificación e a seguridade de poderfacer obras, así como a liberdade de contratación das mesmas, e unha financiación fixa. “Este Plan veu para quedarse porque é bo para todos os concellos”, proclamou Menor.

Pola súa banda, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane explicou que “temos que agradecer a colaboración da Deputación con este plan, pois nos permite conseguir un efecto multiplicador da inversión e dar mellores servizos á cidadanía”, amosando a súa satisfacción pola consolidación do Plan de Cooperación: “gracias por este éxito”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas