HomeDeputaciónsDeputación OurenseMenor reúnese cos alcaldes de Valdeorras para avanzar no desenvolvemento do Plan...

Menor reúnese cos alcaldes de Valdeorras para avanzar no desenvolvemento do Plan de Actuación Integrado, un obxectivo “moi ambicioso para mellorar a comarca”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial definiu o encontro como “moi produtivo e satisfeito”, subliñando o obxectivo de que os concellos “teñan perfectamente claros os seus proxectos e prioridades”

Menor defendeu o PAI como unha folla de ruta compartida, que busca “reforzar a cohesión social, diversificar a economía local e mellorar a sustentabilidade ambiental”

O presidente da Deputación de Ourense mantivo hoxe un encontro de traballo cos representantes dos nove municipios da comarca de Valdeorras (O Barco, A Rúa, O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Larouco, Petín, Rubiá, A Veiga, Vilamartín de Valdeorras) para avanzar na implementación do Plan de Actuación Integrado (PAI) “Polos Camiños do Sil”, unha iniciativa estratéxica que mobilizará máis de sete milllóns de euros (7.275.253 euros, dos que 4.365.152 euros proceden de fondos europeos).

Menor destacou o PAI Valdeorras como un plan “moi ambicioso” que “mellorará moito á comarca”. Ademais, sinalou a intención de incrementar os fondos previstos no plan ata os 10 millóns de euros.

O presidente provincial definiu o encontro como “moi produtivo e satisfeito”, subliñando o obxectivo de que os concellos “teñan perfectamente claros os seus proxectos e prioridades”.

Menor defendeu o PAI como unha folla de ruta compartida, concibida coa participación dos concellos, técnicos e entidades da comarcaque busca “reforzar a cohesión social, diversificar a economía local e mellorar a sustentabilidade ambiental”.

Ademais da deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González, na reunión tamén participou a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, que detallou aos representantes da comarca as principais actuacións do PAI Valdeorras.

As accións transformadoras distribuídas por toda a comarca, entre as que destacan a recuperación de roteiros históricos como o Camiño de inverno, reforzando así o turismo e o patrimonio cultural; programas de rexeneración urbana; vivenda pública en municipios como O Bolo, A Rúa ou Petín, con especial atención ás persoas maiores; impulso á mobilidade sostible cunha rede comarcal de bicicletas eléctricas; mellora das marxes fluviais do río Sil no Barco e Sobradelo; accións de modernización e dixitalización do comercio local; así como actuacións de prevención de incendios e adaptación ao cambio climático

Todas estas iniciativas teñen como finalidade “fixar poboación, atraer novos investimentos e crear oportunidades para mozos, mulleres e empresas”, tal e como puxo de manifesto o presidente provincial.

Tamén participou na reunión a responsable da área de Infraestruturas da Deputación, Marta Docampo, que abordou os detalles técnicos do plan.

Dous PAI por máis 14,5 millóns de euros

O PAI Valdeorras forma parte dun esforzo provincial máis amplo que inclúe tamén o PAI Ourense Sur, dotado con financiamento europeo e que beneficiará aos concellos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barbadás. En total, a Deputación investirá 14.550.506 euros nestes dous plans, que representan “o proxecto máis ambicioso que xestionará a institución con fondos europeos”.

Publicacións Relacionadas