HomeDeputaciónsDeputación OurenseMenor sitúa á EFF Rosalía como “un auténtico símbolo de igualdade, identidade...

Menor sitúa á EFF Rosalía como “un auténtico símbolo de igualdade, identidade e ambición colectiva”

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial realizou unha visita ao primeiro club integramente feminino de Ourense, “entidade referente do deporte da provincia”

A Deputación de Ourense reafirma o seu compromiso co deporte feminino apoiando á EFF Rosalía, o primeiro club integramente feminino da provincia e hoxe xa un auténtico símbolo de igualdade, identidade e ambición colectiva, tal e como o puxo de manifesto o presidente provincial, Luis Menor, na súa visita a esta entidade referente do deporte feminino.

Lembrou Menor que con oito anos de traxectoria, a EFF Rosalía consolidouse como un proxecto deportivo maduro, estruturado desde a base e cunha visión clara: abrir camiño onde antes non o había e romper teitos de cristal con traballo, talento e determinación.

Tamén quixo enfatizar Luis Menor que o club “representa un exemplo de planificación, compromiso e futuro”, sustentado en tres piares fundamentais: talento mozo, resultados históricos e formación integral.  De feito, recalcou que a dimensión do proxecto transcende o ámbito provincial grazas ao acordo estratéxico co Boavista FC, unha alianza que fortalece a metodoloxía formativa e incorpora unha perspectiva europea ao desenvolvemento da canteira. “Esta colaboración sitúa a Ourense no mapa da cooperación deportiva internacional, reforzando o posicionamento da provincia como referente en deporte feminino”.

Publicacións Relacionadas