Os traballadores da Deputación de Ourense, co presidente da institución á cabeza, Luis Menor, concentráronse este mediodía diante do Pazo Provincial para expresar, cun minuto de silencio, o seu pesar e as súas condolencias ás vítimas -familiares dos falecidos e feridos- do accidente ferroviario ocorrido na tarde de onte na localidade cordobesa de Adamuz.



