Home Ourense Baixa Limia Muíños acolle este fin de semana o Campionato de España de media...

Muíños acolle este fin de semana o Campionato de España de media maratón de piragüismo, co apoio da Deputación

- Anuncio -

En total, as probas contan con 768 deportistas inscritos, pertencentes a 72 clubs de 14 comunidades autónomas

A Federación Galega e o Concello de Muíños destacan o retorno económico, con prazas hoteleiras e de restauración ocupadas en toda a comarca

O encoro das Conchas, en Muíños, acolle este fin de semana -28, 29 e 30 de abril- o Campionato de España de media maratón de piragüismo e o Campionato de España de media maratón de piragüismo en categoría máster, citas que contan co apoio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia cun total de 768 deportistas inscritos.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou no Pazo Provincial os detalles da proba xunto ao alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; e o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Alfredo Bea.

Esta proba é a proba estrela do Xurés Experience, un programa deportivo no que participan os cinco concellos da Baixa Limia e que inclúe medio centenar de actividades. Dende a Federación Galega e o Concello de Muíños destacan o retorno económico da proba, cunha altísima ocupación de prazas hoteleiras e de restauración reservadas en establecementos de toda a comarca.

72 clubs de 14 comunidades autónomas

Muíños transformarase este fin de semana no centro do piragüismo de España, xa que no campionato participarán 768 deportistas de 72 clubs procedentes de 14 comunidades autónomas. As probas disputaranse en categoría cadete, junior, senior, veterán e paracanoe.

Este certame deportivo, que terá lugar nunha contorna que conta cunha gran calidade de láminas de auga, realízase no marco do traballo conxunto e continuo existente entre o Concello de Muíños e a Federación Galega de Piragüismo, apoiado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas