Home Ourense Baixa Limia Muíños acollerá a IV edición do Campionato de España de medio maratón...

Muíños acollerá a IV edición do Campionato de España de medio maratón de piragüismo

- Anuncio -

Na presentación da proba, que conta co apoio da Deputación, Manuel Baltar afirmou que se trata dunha oportunidade máis “para visibilizar esa aposta polo turismo deportivo na que vimos traballando desde hai tempo no goberno provincial”

O alcalde, Plácido Álvarez, destacou o retorno económico que supón ter reservadas 140 prazas de aloxamento no concello, 160 menús previstos xa para o venres e prazas hoteleiras ocupadas nos concellos da contorna e mesmo da Limia.

Participarán 450 embarcacións con 580 deportistas pertencentes a 78 clubs de case toda España

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, presentou esta mañá en Muíños o IV Campionato de España de media maratón de piragüismo, que conta co apoio da institución provincial e que se celebrará no encoro das Conchas os días 28 e 29 de maio. No complexo turístico e deportivo do Corgo tamén se deron cita para a presentación desta proba o alcalde de Muíños, Plácido Álvarez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Alfredo Bea; e o xefe de servicio de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pérez.

Manuel Baltar salientou a importancia dunha proba que se vai celebrar “nunha das mellores postais de Galicia, nun enclave con moitísimo pasado e cun futuro ambicioso”. Muíños, engadiu, convértese esta fin de semana nunha oportunidade máis “para visibilizar esa aposta polo turismo deportivo na que vimos traballando desde hai tempo no goberno provincial”, prestando especial atención a un deporte “que nos deu grandes alegrías olímpicas”. O presidente provincial eloxiou a Plácido Álvarez polo gran traballo feito desde o concello, “o que fai máis doado colaborar desde as institucións, presentando ademais proxectos racionais con garantías de éxito”.

Plácido Álvarez cualificou este campionato como “a proba estrela” do Xurés Experience, un programa deportivo no que participan os cinco concellos da Baixa Limia e que inclúe 47 actividades, das que 18 teñen a Muíños como escenario. “Por dedicación e esforzo non vai quedar o éxito desta competición, que esperamos sexa a primeira doutras moitas”, engadiu o alcalde, subliñando o retorno económico que supón a proba, con 140 prazas de aloxamento reservadas desde hai meses, 160 menús previstos xa para o venres e prazas hoteleiras ocupadas nos concellos da contorna e mesmo da Limia.

Manuel Pérez asegurou que estaba a recibir “a felicitación de compañeiros do resto da comunidade polos eventos de moita relevancia e calidade que está acollendo Ourense, grazas á cooperación entre concellos, Deputación e Xunta, que é o preámbulo de moitas máis competicións neste paraíso natural”.

A provincia “é un xigante durmido no mundo do deporte náutico”, dixo pola súa banda Alfredo Bea, que subliñou a crecente presenza nos podios de deportistas ourensáns pertencentes a categorías infantís. Situou a Ourense, e Muíños en particular, como “punta de lanza do piragüismo galego e nacional”, destacando o espectacular nivel dos deportistas que se darán “nesta marabilla de instalacións, que ademais de ter capacidade para probas internacionais, tamén son un referente a nivel nacional nas distancias de media maratón”.

450 embarcacións no encoro das Conchas

Muíños transformarase o vindeiro fin de semana no centro do piragüismo de España, xa que no campionato participarán 580 deportistas de 78 clubs procedentes de case todas as comunidades autónomas. A proba contará con 7 categorías diferentes e 6 modalidades, cunha distancia de entre 10 e 16 quilómetros. O inicio da competición está previsto para ás 10.00 horas do sábado, día 28, e co peche á mesma hora do día seguinte. As máis de 450 embarcacións partirán do punto inicial cada 2 minutos.

Esta certame deportivo, que terá lugar nunha contorna que conta cunha gran calidade de láminas de auga, realízase no marco do traballo conxunto e continuo existente entre o Concello de Muíños e a Federación Galega de Piragüismo, apoiado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

A nova liña 6 de autobuses urbanos entrará en servizo o vindeiro luns, con...

0
Cruzará a cidade de Norte a Sur e unirá puntos clave como a estación intermodal, O Couto Norte, centro cidade, residencia e Barrocás O Pavillón...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

Publicacións Relacionadas