Home A Paradanta A Cañiza Música, deporte e natureza na primeira fin de semana de agosot con...

Música, deporte e natureza na primeira fin de semana de agosot con actividades da Deputación en nove concellos

- Anuncio -

Caldas, A Lama, Bueu, Fornelos, Vigo, Crecente, A Cañiza, Arbo e Tui acollerán accións de “Bosques Terapéuticos”, “Musigal”, “Música no Ar” e “DepoAuga”

A primeira fin de semana de agosto ven cargada de actividades para todos os públicos da man da Deputación de Pontevedra. Música, deporte e natureza conxúganse na programación que o ente provincial levará durante os próximos tres días a nove concellos. Nesta ocasión, Caldas de Reis, A Lama, Bueu, Fornelos de Montes, Vigo, Crecente, A Cañiza –onde se levarán a cabo dúas actividades-, Arbo e Tui acollerán eventos dos programas “Bosques Terapéuticos”, “Musigal”, “Música no Ar” e a estrea de “DepoAuga”.

As actividades comezarán este venres 6 ás 10.00 horas cunha ruta de “Bosques Terapéuticos”, que percorrerá o Monte Aloia, en Tui, á vez que ofrece unha experiencia cultural, terapéutica e enriquecedora. Pola tarde, ás 20.30 horas, a zona exterior da igrexa de San Martiño de Berducido, na Lama, acollerá un concerto da arpista Clara Pino e do contrabaixista Pablo Vidal ao abeiro de “Música no Ar”. En caso de choiva o espectáculo trasladarase ao interior da igrexa.

O sábado 7 arrancará tamén cunha camiñada de “Bosques terapéuticos”, que chegará nesta ocasión ao espazo natural Arco da Vella, situado na parroquia viguesa de Bembrive. O baño de bosques comezará ás 10.00 horas. Pola noite a praza do concello de Arbo converterase no escenario perfecto para un concerto de Luar na Lubre, que comezará ás 22.00 horas ao abeiro de “Musigal”.

Será o domingo 8 cando as rutas de “Bosques Terapéuticos” cheguen o domingo a Cabo Udra, en Bueu, cunha actividade que dará comezo ás 10.00 horas. Esa mesma mañá arrancará “DepoAuga”, a novidade da programación deportiva estival da Deputación que conta con actividades de paddle surf e kayak polo río Deva, na Cañiza. As saídas realizaranse en grupos dende a praia fluvial de Luneda a partir das 11.00 horas. Para rematar a fin de semana a Deputación espallará a música galega por toda a provincia con tres concertos de “Musigal”. A praza da igrexa de Fornelos de Montes acollerá a actuación de Odakio ás 21.00 horas e media hora máis tarde, ás 21.30 horas, dará comezo o concerto do grupo Ancestros na Carballeira de Caldas de Reis. Ademais, a Orquestra de Cámara Galega amenizará a noite do domingo cun concerto en Crecente ás 22.00 horas. Para rematar a fin de semana, a praza maior da Cañiza acollerá un concerto de Samudra Trío ás 22.30 horas dentro da programación de “Música no Ar”.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

Publicacións Relacionadas