Home Deputacións Deputación Lugo O 100% dos usuarios e traballadores das residencias da Deputación de Lugo...

O 100% dos usuarios e traballadores das residencias da Deputación de Lugo está vacinado fronte á Covid-19

- Anuncio -

Un total de 216 residentes e empregados recibiron a primeira dose da vacina. Este luns o proceso desenvolveuse no CAM de Trabada, logo de que nas últimas semanas se vacinaran as de Pol, Ribadeo e A Fonsagrada

A Deputación salienta que a campaña levouse a cabo “con absoluta normalidade, sen incidencias” e con total disposición de colaboración do persoal da institución provincial e do Sergas
A totalidade dos usuarios e usuarias e traballadores e traballadoras dos Centros de Atención a Maiores (CAM) da Deputación de Lugo xa recibiu a primeira dose da vacina fronte á Covid-19. Este luns desenvolveuse a última xornada de vacinación, que tivo lugar na residencia de Trabada, logo de seren vacinados nas anteriores semanas os residentes e o cadro de persoal de Pol, Ribadeo e A Fonsagrada.

En canto á nova residencia de Castroverde, salientar que xa está en funcionamento e que nos vindeiros días entrarán a vivir os usuarios, logo de que decidiran pasar as datas de Nadal xunto ás súas familias. A Deputación de Lugo informará ao Sergas destes ingresos para establecer un novo calendario de vacinación para este centro.

A Deputación de Lugo salienta que a campaña para a subministración desta primeira dose da vacina da Covid-19, que se puxo a 216 usuarios e traballadores, se desenvolveu “con absoluta normalidade, sen incidencias” e con total disposición de colaboración do persoal da institución provincial e do Sergas.

O Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, presidiu no mes de decembro un Comité de Seguimento dos centros para coordinar esta campaña. Nese encontro, trasladoulle a cada unha das directoras e ao equipo técnico, que a Deputación se poñía á súa disposición xunto cos medios técnicos e humanos que fosen necesarios para afrontar a vacinación coa máxima seguridade posible.

A Deputación salienta que este paso trouxo esperanza ás residencias xa que os usuarios e usuarias “levan moitas meses coas saídas limitadas, vendo pouco aos seus familiares e ver que xa recibiron a primeira dose axúdalles ao seu benestar emocional”. Así mesmo, tamén incide en que isto non pode permitir baixar a garda e que cómpre seguir na mesma liña que a seguida ata o momento.

Información para as persoas maiores e as súas familias
Os días previos ao inicio da campaña, persoal sanitario provincial preparou uns vídeos divulgativos para explicar o proceso e resolver as principais dúbidas que podían xurdir ao respecto. Proxectáronse nas residencias para que todos os usuarios e usuarias souberan en que ía consistir, e tamén se lle fixo chegar ás familias, co obxectivo de que teñan a máxima información posible ao respecto.

Visitas limitadas
A Deputación de Lugo continúa aplicando os principios de transparencia e anticipación nas medidas que adopta nas residencias. Con respecto ás visitas de familiares, a institución provincial xa viña restrinxindo as entradas de familiares nos centros a unha persoa por usuario/a á semana antes das novas medidas que marcan as autoridades sanitarias, co obxectivo de minimizar o risco de contaxio e protexer aos maiores.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

Luis López anuncia un investimento de 1,5 millóns de euros en tres anos no...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada de Turismo, Nava Castro, detallou o contido dun plan que contempla a renaturalización da contorna, o deseño de...

A Deputación aproba máis de 100.000 euros para realizar melloras nas infraestruturas deportivas da...

0
O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas xa mobilizou máis de 930.000 euros entre os concellos da provincia A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar axudas...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez destaca o “lugar privilexiado” de Vigo na vela...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou na presentación do Campionato de España Clase Vaurien, que reunirá ata...

Publicacións Relacionadas