HomeDeputaciónsDeputación PontevedraO 80% do alumnado inmigrante dos cursos de español da Deputación superou...

O 80% do alumnado inmigrante dos cursos de español da Deputación superou a proba do DELEA2

- Anuncio -spot_img

Carmela Silva enxalzou o esforzo das persoas participantes, “que superando as dificultades e nunha situación de pandemia non abandonaron o seu desexo para ter todos os requisitos que lles permitan obter a nacionalidade”

O 80% do alumnado que no pasado 2020 se presentou ao exame para obter o DELE (Diploma de Español Como Lingua Estranxeira) do nivelo A2 tras realizar os cursos de español para inmigrantes que organiza a Deputación de Pontevedra logrou superar esta proba, que constitúe un requisito indispensable para s0licitar e obter a nacionalidade española. A presidenta provincial, Carmela Silva, quixo poñer de relevo este feito e recoñecer así ás persoas participantes na actividade, “que nunha situación de pandemia non abandonaron o seu desexo de poder ter todos os requisitos que lles permitan obter a nacionalidade”. Os cursos que organiza a Deputación están enfocados a que persoas non hispanofalantes poidan superar o DELE A2, “algo que para nós é obriga ética, social, de solidariedade, unha obriga de persoas que queren vivir nun mundo onde todas e todos teñan oportunidades”.

Das 53 persoas que participaron o pasado ano nestas actividades formativas, examináronse 50 da proba, que celebrou en Vigo o Instituto Cervantes, e aprobaron 40 o que supón un 80%. A maioría das persoas participantes procedían de Marrocos, Brasil e Senegal, amais doutros países como Ghana, Mauritania, Quenia, Alxeria ou Nixeria. A do 2020 foi a cuarta edición destes cursos, cos que a institución tenta facilitar a consecución deste título, subvencionando o custo da formación e tamén o da matrícula, co fin de “apoiar a integración destas persoas na provincia como cidadanía de pleno dereito”.

Carmela Silva anunci0u que xa está en marcha a quinta edición, na que se ofertarán 55 prazas.
A previsión é aprobar e publicar as bases dos cursos nos vindeiros meses de marzo ou abril, para comezar xa en maio “e continuar apostando por acoller este tipo de iniciativas que amosan o respecto desta Administración a que toda a xente poida ter a garantía de poder ir construíndo unha vida de dignidade”.

Publicacións Relacionadas