Home Deputacións Deputación Pontevedra O apoio da Deputación e o esforzo do concello permiten ao Grove...

O apoio da Deputación e o esforzo do concello permiten ao Grove dispor dende hoxe dun dos “mellores e máis fermosos auditorios de Galicia”

- Anuncio -

Carmela Silva felicita ao alcalde “polo inmenso esforzo realizado para sacar este proxecto adiante e pola celebración dunha gala de inauguración á altura da ocasión”

José Cacabelos: “Dende o ano 1979, dende a chegada da democracia tódolos programas electorais de tódolos partidos prometían este auditorio; por fin é unha realidade”

O Grove conta dende hoxe cun dos grandes auditorios de Galicia. Así o afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, durante a cerimonia inaugural celebrada na vila meca, na que acompañou ao alcalde do Grove, José Cacabelos Rico. A obra, cofinanciada a través do Plan de Reequilibrio e polo Plan Concellos cun total de 2 millóns de euros de achega provincial, alcanzou un orzamento de 5,1 millóns de euros, diferencia que foi asumida integramente polo Concello.

Carmela Silva afirmou sentirse “inmensamente feliz”. “Feliz porque a Administración provincial sexa copartícipe na construción deste auditorio que é un dos mellores e máis fermosos de Galicia”. Feliz tamén, engadiu, porque a xente ten o dereito a gozar de equipamentos culturais que enchan de actividade cultural todos os territorios, o que, na súa opinión, é a única forma de democratizar a cultura. A presidenta da Deputación expresou a súa satisfacción “por comprobar que os soños poden converterse en realidade cando se loita por eles”. Diante do público asistente ao acto engadiu que o alcalde do Grove “soñou xunto ao seu pobo e hoxe ese soño compartido é unha realidade”. Ademais, expresou “a felicidade que dá contemplar a beleza deste auditorio, situado sobre unha vila que namora e que, ademais, está de cara ao mar que é a nosa vila”. “Feliz”, insistiu, “por todo o que vamos a vivir hoxe e en todos os días que restan: cultura, cultura, cultura”.

Carmela Silva concluíu a súa intervención dando as gracias a José Cacabelos “polo inmenso esforzo realizado para sacar este dificilísimo proxecto adiante e pola celebración dunha gala de inauguración á altura da ocasión”, unha gala presentada polo actor Javier Veiga. ”Hoxe temos outro Grove con máis oportunidades, con máis espazos públicos para desfrute da xente, un pobo mellor, máis humano e con máis ilusión”. Ademais estendeu o seu agradecemento a todas as mecas e mecos que acudiron á cerimonia de inauguración “co orgullo de ter un gran auditorio que vai ser o centro de moita actividade cultural, que traerá felicidade, porque a cultura crea ledicia. Sentídevos orgullosas e orgullosos deste auditorio que xa é voso”.

José Cacabelos destacou que o de hoxe “é un deses días para os que me metín en política, un día que reconforta”. O alcalde amosouse satisfeito de poder poder poñer a disposición do seu pobo un dos auditorios “máis modernos e funcionais” e que, polo seu deseño, permitirá a celebración de todo tipo de actos adaptando os espazos interiores. Ademais recordou que o Auditorio do Grove forma parte dos programas electorais de tódolos partidos dende as primeiras eleccións democráticas municipais en 1979. “Tódolos partidos prometían este auditorio dende hai 43 anos; por fin é unha realidade”.

“Imposible sen o apoio da Deputación; outras Administracións…”
O alcalde, que definiu o edificio como un referente arquitectónico, social e cultural, remarcou que sería imposible afrontalo “sen o apoio inestimable da Deputación de Pontevedra; outras Administracións, que agora mesmo están a financiar outros auditorios municipais noutros municipios aquí non queren facelo; alá cada quen, pero que a xente o saiba”.

O Auditorio do Grove é un edificio vangardista de tres alturas, deseñado con criterios de flexibilidade para garantir un uso multifuncional. O inmoble, que vén solucionar unha carencia histórica de infraestruturas culturais no Grove, ten 3.000 metros cadrados e foi obra do arquitecto Alfredo Vázquez. Inclúe, ademais do Auditorio con capacidades que van das 200 ás 550 butacas en función das necesidades, os locais para a escola de música. Ademais está dotado dun ascensor exterior e toda a estrutura está rematada cunha terraza exterior que funcionará como miradoiro ao Atlántico e ás rías e posible sede de actividades ao aire libre.

Unha obra que pecha o Plan de Reequilibrio
Trátase da última das 25 grandes obras de equipamentos públicos construídas ao abeiro do Plan de Reequilibrio, lanzado pola Deputación a finais de 2017, cun orzamento total de 15 millóns de euros para facer posible que os concellos acometesen este tipo de actuacións que non acadaban soporte noutras Administracións.

Deste xeito, o Plan de Reequilibrio financiou, ademais do Auditorio do Grove, o equipamento do Centro de Interpretación das Torres do Oeste (Catoira); o edificio da Escola de Música de Caldas de Reis; a restauración das Casas Modernistas da Illa de Arousa para biblioteca, escola de música e local social; a nova Biblioteca de Nigrán; o Centro Cultural de Rubiós (As Neves) e o edificio sociocultural na antiga Praza de Abastos de Moraña, equipamentos todos eles que son xa contedores culturais para os seus concellos. Ademais materializou un equipamento sociosanitario, como o Centro de Día de Campo Lameiro. No eido deportivo permitiu afrontar as obras da piscina ao aire libre de Barro, a piscina climatizada cuberta de Bueu, a remodelación da nave do Club de Piragüismo de Vilaboa, a adaptación do novo ximnasio de Forcarei, o campo de fútbol da Gandareira (Silleda), o módulo de atletismo do Porriño, o novo ximnasio e pista de pádel de Fornelos de Montes, o complexo deportivo do campo de fútbol e edificios de servizos da Lagoa (Mondariz), a reforma do campo de fútbol de Arcade (Soutomaior), a reforma e equipamento do pavillón e ximnasio de Rodeiro e, finalmente, a adaptación do polideportivo e construción das novas pistas de pádel de Crecente. No ámbito da reforma urbana, con fondos do Plan de Reequilibrio acometéronse as transformacións da praza de España (Ponte Caldelas, o parque Central da Cañiza, a Praza de Barciademera (Covelo), a Praza de España de Meis, a Praza de Paradela (Gondomar) e a recuperación de todo o borde litoral da ría en Pontecesures.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas