Home Ourense A Limia O arranxo de pistas en Xinzo, paralizado porque o Concello de Xinzo...

O arranxo de pistas en Xinzo, paralizado porque o Concello de Xinzo non achega a documentación

- Anuncio -

O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, amosa o malestar da Deputación “porque o Concello de Xinzo queira vender como un logro un incumprimento pola súa banda, xa que non hai ningún convenio asinado e non hai ningunha actuación nin programada nin presupostada”

O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez amosou o malestar da Deputación de Ourense co Concello de Xinzo de Limia “por difundir noticias que non se axustan á verdade ao dar por feito o procedemento para o arranxo de diversas pistas no municipio de Xinzo, cando a realidade é que o expediente está paralizado porque falta documentación que ten que aportar o propio concello”. Pablo Pérez sinala que o expediente 1351D/2021 é unha tramitación aberta, trala petición do Concello de Xinzo para facer o bacheo dunha serie de pistas, pero aínda non está autorizado”. Neste sentido, matiza que a Deputación “lle fixo un requerimento o pasado 27 de abril ao Concello de Xinzo, ao cal non respondeu, e debido a isto, neste momento, é un expediente paralizado, non hai ningún convenio asinado e non hai ningunha actuación nin programada nin presupostada”. O Concello de Xinzo quere vender como un logro un incumprimento pola súa banda”.

“Si lle dixemos que priorizara, xa que non se poden facer todas as actuación debido á magnitude delas, en relación ás pistas que considera que se deben arranxar; esta é unha das accións máis demandas á Deputación por parte dos concellos da provincia, e por este motivo é necesario priorizar, e así se lle dixo ao Concello de Xinzo”, afirma Pablo Pérez, quen concreta que, neste momento, na Limia, “a Deputación ten feito bacheos en Rairiz de Veiga, iremos a Porqueira e tamén á Baixa Limia e á zona de Monterrei. A demanda de traballo é moita e temos que repartir e programar para que esta acción poida chegar a todos os concellos e vías provinciais”, remarca.

Relacionadas

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

O alcalde recibe a Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020, que actuará este...

0
Pérez Jácome destacou a excelente traxectoria do artista: “un dos nosos que está triunfando nun mundo tan difícil como é o da música” O alcalde...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas