Home Deputacións Deputación Pontevedra O audiovisual "Sigue o teu instinto" acada un novo galardón internacional, esta...

O audiovisual “Sigue o teu instinto” acada un novo galardón internacional, esta vez no Filmat Festival de Varsovia

- Anuncio -

Con este novo recoñecemento a peza alza xa o seu oitavo premio en festivais de todo o mundo e volve a situar á provincia no mapa internacional

O audiovisual “Sigue o teu instinto”, coa que a Deputación promocionou a campaña turística en 2020, segue a colleitar éxito nos festivais internacionais de todo o mundo. A peza vén de alzar xa o seu oitavo galardón ao acadar o segundo premio na categoría de Produto Turístico na 16º edición do FilmAT Festival de Varsovia (Polonia) tras captar a atención do xurado ao promocionar a provincia como un destino sostible e responsable.

Da man de Celia Freijeiro, a protagonista da produción de Esmerarte, “Sigue o teu instinto” anima regresar ás orixes e desfrutar do patrimonio natural de Pontevedra provincia. No vídeo amósase como o territorio forxa o carácter da veciñanza da nosa provincia, á que sempre é necesario volver para volver a atoparse con un ou unha mesma a través das súas paisaxes, habitantes e cultura.

Este novo recoñecemento súmase á cada vez máis extensa lista de galardóns que está a acadar a peza. Deste xeito, o premio obtido en Polonia súmase ao do “The Golden City Gate” de Berlín, como un dos mellores audiovisuais de ecoturismo do mundo; o Ouro no Festival ITTF África (Cape Town); o mellor vídeo de promoción de produto turístico no Fitur Travel Video Competition de Madrid e o Ouro no Tourism Film Festival de Turquía, na categoría de produto turístico. “Sigue o teu instinto” tamén se fixo co primeiro premio en Produto Turístico na categoría Blue Danube no Silafest de Serbia, o Premio “Ouro en Produtos Turísticos / Destino Rural” no Terres Festival de Tortosa e o terceiro premio na categoría de Produto Turístico no Festival de Turismo de Riga.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas