HomeDeputaciónsDeputación OurenseO BOP publica as bases das axudas da Deputación a deportistas individuais,...

O BOP publica as bases das axudas da Deputación a deportistas individuais, que este ano increméntanse nun 25%

- Anuncio -spot_img

O prazo de presentación de solicitudes abrirase tras a publicación do anuncio na Base de Datos Nacional de Subvencións e permanecerá aberto ata o 27 de febreiro de 2026

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar as bases reguladoras da convocatoria de subvencións da Deputación de Ourense dirixidas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais, correspondentes á tempada 2024-2025, convocatoria 2026.

Esta liña de axudas conta cun orzamento total de 50.000 euros (10.000 euros máis que o ano pasado) e ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva e recoñecer a traxectoria, o esforzo e os méritos deportivos dos deportistas da provincia que compiten en disciplinas individuais. A dotación orzamentaria consignada neste exercicio supón un incremento do 25 % respecto ao pasado ano, cando a contía foi de 40.000 euros. Trátase, ademais, da continuidade dunha liña de apoio que a Deputación vén reforzando de maneira progresiva nos últimos exercicios, cun aumento acumulado do 66,67 % no que vai de mandato.

Poderán optar a estas subvencións deportistas federados, desde categorías de base ata absoluta, que cumpran os requisitos recollidos na convocatoria, ben pola súa vinculación a clubs da provincia ou pola súa condición de deportistas ourensáns en modalidades nas que non existan clubs adecuados ao seu nivel. O prazo de presentación de solicitudes abrirase tras a publicación do anuncio na Base de Datos Nacional de Subvencións e permanecerá aberto ata o 27 de febreiro de 2026.

Con esta convocatoria, a Deputación de Ourense reafirma o seu compromiso co apoio ao talento deportivo da provincia e co impulso do deporte como ferramenta de promoción de hábitos de vida saudables e de proxección de Ourense a través dos seus deportistas.

Publicacións Relacionadas