Home Deputacións Deputación Pontevedra O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 300 adopcións no que...

O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 300 adopcións no que vai de ano

- Anuncio -

A cifra de 306 animais que atoparon fogar ata o 5 de xuño supón unha media diaria de adopcións de 2 cans e cadelas, con Vigo e Pontevedra como cidades con máis acollidas

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar as 300 adopcións no que vai deste ano 2023, un dato que segue a amosar a enorme concienciación cidadá acerca do coidado e benestar animal. A cifra superouse este pasado luns 5 de xuño coa marcha de “Rocky”, un cachorro que fora rescatado en maio tras ser abandonado nun monte de Marín xunto a outras dúas femias da mesma camada e, tras recuperarse das graves condicións nas que chegou ao centro, agora vén de saír do CAAN cara Nigrán. Como el, xa son 306 os/as cans e cadelas as/os que atoparon un novo fogar desde as instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, o que supón unha media de case 2 animais por día (1,9).

As 306 adopcións acadadas desde xaneiro foron todas en territorio nacional, a maioría formalizadas en Galicia (265), e o resto en Castela e León e Asturias (14), Asturias (14), Castela A Mancha (6), Cataluña (4), Madrid (2) e Estremadura (1). No que se refire á comunidade galega, a meirande parte das saídas producíronse na mesma provincia de Pontevedra (196), seguidas das 31 en Ourense, 30 en Lugo e 8 na Coruña. O concello con máis adopcións foi Vigo (33), seguido de Pontevedra (25). Na provincia tamén hai que destacar os rexistros de Sanxenxo e Nigrán (ambos con 11 adopcións), amais dos de Redondela (10), Meis e Cambados (con 8), Vilagarcía e Ribadumia (7), Gondomar (6) ou Poio, Lalín e A Lama (con 5).

Na actualidade, hai 52 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora as persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar as adopcións pídese cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou 886 217 391.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas