Home Pontevedra Caldas O CAAN da Deputación rescata a sete cachorros arroxados a dous colectores...

O CAAN da Deputación rescata a sete cachorros arroxados a dous colectores en Lalín e Pontecesures

- Anuncio -

Dos catro cachorros de Lalín, de apenas unhas horas de vida, un faleceu ao chegar ao centro. O resto da camada xunto á de Pontecesures recupéranse no Caan

Persoal do Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra rescatou nestes primeiros días do ano a dúas camadas de oito cachorros que foron arroxados a dous colectores nos núcleos urbanos en Lalín e Pontecesures. Aínda que un deles faleceu ao chegar ao centro, os outros sete, con apenas horas de vida no caso de Lalín e escasos días no de Pontecesures, estanse a recuperar cos coidados ofrecidos polo persoal de Caan.

A primeira das camadas apareceu nunha caixa dentro dun colector en Lalín no mesmo día 1 de xaneiro, na Rúa Principal. Eran dúas femias, “Alicia” e “Ana”, e dous machos, “Leo” e “León”, quen faleceu polo delicado estado de saúde en que se atopaba. Posteriormente, o día 12 de xaneiro persoal do centro da Deputación rescatou outra camada, cunha femia, “Sala”, e tres machos, “Yogui”, “Cibrán” e “Xenaro”, tamén nun colector na Rúa Victor García de Pontecesures. O aviso o deu unha muller que viu como paraba un coche preto do lugar e tras escoitar un ruído, acercouse ao colector e veu os cans. Estaban tamén nunha caixa. Neste caso, os cachorros, que teñen días, están de momento en boas condicións e están sendo atendidos nas mesmas dependencias de maternidade, renovadas no ano 2020, do CAAN.

De seguir a evolución favorable, os cachorros pasarán no centro ao menos tres meses ata completar as pautas de vacinación antes de saír en adopción. Hai que lembrar que as adopcións no CAAN son gratuítas e o persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Para visitar o centro ou para formalizar as adopcións hai que solicitar cita previa no teléfono 986 140 360 ou no 886 217 391.

Estes casos de abandono contrastan coas boas cifras de adopcións que xa se están a acadar no CAAN neste primeiro mes do ano, e que continúan a racha do centro. Así, desde o pasado 1 de xaneiro son xa 25 os animais que atoparon un novo fogar.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas