Home Deputacións Deputación Ourense O Campamento Urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” na...

O Campamento Urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” na Deputación

- Anuncio -

Rosendo Fernández recibiu a setenta rapaces, de 11 e 12 anos, que visitaron o Pazo Provincial para protagonizar unha sesión plenaria xuvenil

O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a setenta rapaces, de entre 11 e 12 anos, que están a participar no Campamento Urbano de Amencer e que visitaron o Pazo Provincial para celebrar o seu “Día do Parlamento” protagonizando unha sesión plenaria xuvenil.

Rosendo Fernández destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas, baseadas na participación activa e a divulgación, enmarcadas no programa de actividades do Campamento Urbano de Amencer, porque achegan as institucións públicas á mocidade ourensá, e en particular “do Concello de Concellos que é a Deputación Provincial”. Ademais, o deputado provincial Representación Institucional explicoulles aos rapaces o funcionamento do Salón de Plenos do goberno provincial e atendeu a todas dúbidas que lle prantexaron os rapaces e rapaces. Por este motivo, Rosendo Fernández recibiu de mans dos membros desta actividade un diploma en agradecemento pola colaboración brindada desde a Deputación Provincial.

Logo da elección do presidente, vicepresidentes, secretario e interventor da sesión plenaria xuvenil, desenvolveuse o pleno con propostas organizativas para seguir mellorando as actividades do Campamento Urbano de Amencer.

Relacionadas

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

A Deputación é seleccionada por primeira vez no Japan World’s Tourism Film Festival co...

0
O vídeo foi seleccionado entre máis de 1.100 candidaturas de todo o mundo e inicia así o seu paso polo circuíto internacional de festivais...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

Publicacións Relacionadas