Home Deputacións Deputación Ourense O Campamento Urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” na...

O Campamento Urbano de Amencer celebra o seu “Día do Parlamento” na Deputación

- Anuncio -

Rosendo Fernández recibiu a setenta rapaces, de 11 e 12 anos, que visitaron o Pazo Provincial para protagonizar unha sesión plenaria xuvenil

O deputado provincial de Representación Institucional, Rosendo Fernández, recibiu hoxe no Salón de Plenos do Pazo Provincial, a setenta rapaces, de entre 11 e 12 anos, que están a participar no Campamento Urbano de Amencer e que visitaron o Pazo Provincial para celebrar o seu “Día do Parlamento” protagonizando unha sesión plenaria xuvenil.

Rosendo Fernández destacou a importancia de desenvolver este tipo de iniciativas, baseadas na participación activa e a divulgación, enmarcadas no programa de actividades do Campamento Urbano de Amencer, porque achegan as institucións públicas á mocidade ourensá, e en particular “do Concello de Concellos que é a Deputación Provincial”. Ademais, o deputado provincial Representación Institucional explicoulles aos rapaces o funcionamento do Salón de Plenos do goberno provincial e atendeu a todas dúbidas que lle prantexaron os rapaces e rapaces. Por este motivo, Rosendo Fernández recibiu de mans dos membros desta actividade un diploma en agradecemento pola colaboración brindada desde a Deputación Provincial.

Logo da elección do presidente, vicepresidentes, secretario e interventor da sesión plenaria xuvenil, desenvolveuse o pleno con propostas organizativas para seguir mellorando as actividades do Campamento Urbano de Amencer.

Relacionadas

A Deputación organiza este luns unha xornada sobre a Lei de protección de persoas...

0
A xornada, que será inaugurada pola deputada provincial María Ramallo, está dirixida a membros de corporacións locais, secretarios e interventores da Administración Local, funcionarios...

O programa SmartPeme da Deputación oferta esta semana tres novas accións formativas

0
Os obradoiros do programa de asesoramento tecnolóxico terán lugar os días 13 e 14 de decembro e estarán centrados en márketing social, contido efémero...

O Auditorio acollerá o 29 de decembro o novo espectáculo de Pablo Méndez: ATEMPO!

0
O Auditorio municipal de Ourense acollerá o venres, 29 de decembro, ás 19.00 horas, o novo espectáculo de Pablo Méndez: ATEMPO!. Como cada Nadal,...

A compañía Malasombra leva “Testosterona” este domingo a Caldas de Reis no marco do...

0
A función, con entrada libre ata completar aforo, terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio Municipal da vila O Auditorio Municipal de Caldas de Reis...

Preto de 150 persoas participan esta semana no programa da Deputación “Depotermal”

0
Veciños da Estrada, As Neves, Baiona, Cuntis, Gondomar, Marín, Moaña, Mos Nigrán, O Porriño, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tomiño, Tui e...

O ciclo teatral da Deputación chega este sábado a Sanxenxo con “Ris Ras”

0
A compañía Baobab será a encargada de poñer en escena esta peza no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán ás 17:30 horas O Pazo Emilia...

Publicacións Relacionadas