Home Deputacións Deputación Pontevedra O Castelo de Soutomaior converterase este martes no epicentro do feminismo cunha...

O Castelo de Soutomaior converterase este martes no epicentro do feminismo cunha xornada da Escola María Vinyals sobre emprendemento e innovación

- Anuncio -

A Deputación e a Cátedra Iberoamericana da USC organizan unha xornada na que 17 expertas tratarán temas como a transición ecolóxica ou a intelixencia artificial ante máis dun cento de persoas que esgotaron as prazas dispoñibles

O broche de ouro correrá a cargo da catedrática Amparo Alonso que ofrecerá unha conferencia titulada “A Intelixencia Artificial debe ser feminista”

O Castelo de Soutomaior revalídase este martes como baluarte do feminismo na provincia cunha intensa programación centrada na importancia que as mulleres tiveron, teñen e terán para o desenvolvemento da sociedade. Neste senso, terá lugar a xornada “Axenda 2030. Emprendemento Feminino e Innovación”, o terceiro encontro neste 2022 da Escola de Igualdade María Vinyals, que a Deputación de Pontevedra leva a cabo nesta ocasión coa Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago. A ela acudirán 17 expertas para tratar o papel que xogan as mulleres no emprendemento, a transición ecolóxica ou a intelixencia artificial ante máis dun cento de persoas que esgotaron as prazas dispoñibles. Entre elas atópase unha trintena de alumnas/os e profesorado do IES Luis Seoane de Pontevedra, un centro exemplo de igualdade.

O emprendemento feminino e a innovación serán o fío condutor de máis de dez horas de debate ás que Amparo Alonso, unha das científicas de maior referencia no campo da Intelixencia Artificial, porá o broche de ouro ás 18.00 horas cunha conferencia titulada “A Intelixencia Artificial debe ser feminista” na que tratará entre outras cuestións a necesidade dos algoritmos feministas neste campo. Antes as e os asistentes terán a oportunidade de escoitar á presidenta da Deputación, Carmela Silva, á directora da xornada, María Xosé Rodríguez Calo, e á directora da Cétedra e coordinadora da xornada, María Cadaval, que serán as encargadas de abrir a xornada ás 9.30 horas.

Trala apertura chegará a quenda das tres mesas de debate. A primeira comezará ás 10.00 horas e baixo o título de “Innovación tecnolóxica e xénero” contará coa coordinación de Mar Rodríguez Fernández, experta en transformación dixital do sector público, e as intervencións de María Camacho Gascò, directora de negocio de Plexus TEC; Berta Caro Mirás, directora de Desenvolvemento Corporativo de Tecalis; Sandra Castro Álvarez, executiva de contas de Fuell; e Ana Malde Lagóstena, xestora de contas de clientes de servizos públicos de Accenture para Galicia, Asturias e Cantabria.

Na segunda das mesas falarse de “Emprendemento feminino e innovación no sector primario” baixo a coordinación de Carmen José López, avogada socia en Lustrum Abogados e mentora na Escola de Organización Empresarial, e coa participación de Sandra Amézaga Menéndez, secretaria de Mulleres Salgadas; Elisa Rubí Cano, de Adega Terra de Asorei e profesora de Química Analítica na USC; Silvia Chaves Freire, xerenta en Transportes e Madeiras Chaves, S. L.; e Teresa Táboas Veleiro, arquitecta e administradora de Sementares, S. L.

E antes da conferencia de Amparo Alonso, ás 16.00 horas, as e os asistentes desfrutarán dunha mesa centrada nas “Emprendedoras con formación universitaria que crean tecido empresarial en Galicia” que será coordinada por Eva López Barrio, coordinadora do programa “Innovatia 8.3” da USC, e na que tomarán a palabra Catalina Fernández de Ana Portela, directora xeral de Hifas da Terra; Diana Lameiro Aznar, directora do Centro Lingoreta e Vanesa Redondo Fernández, promotora de Proplantae.

Relacionadas

A Deputación lidera un grupo de traballo para previr os efectos do cambio climático...

0
O deputado de Innovación e Desenvolvemento Sostible, Jorge Pumar, está a participar na reunión de lanzamento do proxecto ThermEcoWat que se celebra estes días...

O Marcos Valcárcel acollerá o 2 de abril o remate do curso 23-24 do...

0
O acto incluirá un concerto didáctico e unha Máster Class do artista armenio Hovhannes Karakhanyan, especialista na frauta coñecida como “Duduk”, instrumento con máis...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Publicacións Relacionadas