Home Deputacións Deputación Ourense O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá un obradoiro de pintura polo Día...

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá un obradoiro de pintura polo Día Internacional dos Museos

- Anuncio -

O obradoiro, que se celebrará o 18 de maio entre as 18 e as 21,00 horas, estará coordinado polo pintor e gravador ourensán Xosé Poldras

Neste obradoiro, no que non é preciso ter ningún coñecemento previo sobre pintura, as persoas participantes poderán elaborar unha peza pictórica casual ou xestual utilizando trucos con pintura acrílica

Os participantes compartirán espazo ca exposición “O amante do papel”, que recolle traballos de artistas como Picasso ou Rembrandt

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense celebrará o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio ás 18,00 horas, cun obradoiro de pintura casual coordinado polo pintor e gravador ourensán Xosé Poldras, autor de múltiples obras expostas na Biblioteca Nacional de España; Museo de Arte de Nuestra América, A Habana, Cuba e o museo Majdanek, en Polonia, entre moitos outros lugares.

Neste obradoiro, no que non é preciso ter ningún coñecemento previo sobre pintura, as persoas participantes poderán elaborar unha peza pictórica casual ou xestual utilizando trucos con pintura acrílica que o monitor mostrará durante o obradoiro. Durante a xornada, de tres horas, os participantes, ademais de poder preguntar as súas dúbidas o monitor, poderán levar á súa obra como recordo da xornada.

O centro cultural aportará os materiais precisos e o artista coordinará e guiará aos asistentes no seu proceso creativo, nunha xornada que o Marcos Valcárcel recupera a “pintura en directo” que xa ten ofrecido noutras ocasións e converténdose así non soamente nun lugar onde contemplar a arte, se non tamén nun punto de produción artística, dunha xornada especialmente sinalada para todos os museos do mundo.

Cabe sinalar que esta actividade terá lugar no mesmo espazo ca exposición “O amante do papel”, que recolle traballos de artistas como Picasso, Rembrandt, Durero, Dalí ou Marc Chagall, entre outros, permitindo que os asistentes poidan contemplar as obras dos grandes artistas mentres realizan as súas creacións. Durante a xornada, tamén poderá visitarse a exposición sobre os Beatles, facendo de este espazo un punto de encontro das artes tanto musicais coma visuais.

Relacionadas

A Deputación de Pontevedra exemplo de bos prácticas en Albacete na reunión da Rede...

0
Carmela Silva participou na primeira Mesa de Diálogo para explicar a acción transversal dos ODS en todas as políticas da Deputación que a converten...

Manuel Baltar reivindica o legado de Delgado Gurriarán e pide seguir traballando a prol...

0
O presidente da Deputación interveu esta mañá no acto das Letras Galegas 2022 para homenaxear ao intelectual de Córgomo, un autor que abarca na...

A afluencia de público ao concerto da Panorama superou as previsións e fixo necesario...

0
A afluencia de público ao concerto da orquestra Panorama onte á noite, no marco das Festas do Couto superou as previsións tanto da comisión...

O PP reclama melloras de accesibilidade á terminal e á plataforma da estación “Porta...

0
• Os deputados Celso Delgado e Ana Vázquez piden o Adif a continuidade da senda peonil construída pola Xunta e que parte do casco...

O Concello abre o prazo para solicitar o uso dos hortos municipais de Montealegre...

0
O Concello pón á disposición da cidadanía 68 hortos, dos que 7 se reservan a persoas con mobilidade reducida, que se adxudicarán nun sorteo...

As maiores referentes do feminismo do Estado estarán na Escola María Vinyals no II...

0
O Castelo de Soutomaior acollerá os días 1 e 2 de xuño este simposio, que xunto á iniciativa Canteira de Igualdade e a formación...

Publicacións Relacionadas