Home Deputacións Deputación Pontevedra O colectivo "A Regaduxa" presenta este domingo da man da Deputación o...

O colectivo “A Regaduxa” presenta este domingo da man da Deputación o proxecto para publicar o diario do vilaboés José Casal mentres estaba preso en San Simón

- Anuncio -

O acto ‘A Vilaboa resistente’ será ás 12h no Adro de San Adrián de Cobres e pretende reactivar a actividade da asociación da memoria logo da pandemia

O colectivo ‘A Regaduxa’ presentará este domingo o proxecto para a edición e publicación do diario que o preso vilaboés José Casal escribiu mentres durou a súa reclusión na Illa de San Simón durante a ditadura franquista. O acto desenvolverase co apoio do departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra no seu empeño de recuperar e poñer en valor figuras sinaladas para a memoria da provincia.

Titulado ‘A Vilaboa resistente’, o acto servirá tamén para reactivar a actividade do colectivo ‘A Regaduxa’, que mermara durante o tempo que durou a pandemia. Será ás 12 do mediodía no Adro de San Adrián de Cobres e participarán o integrante da Regaduxa Carlos Ríos; Alberte Blanco Casal, escritor veciño de Cobres familiar de José Casal; a deputada de Memoria Histórica María Ortega; e a cantautora Sheila Patricia, que porá música á xornada.

Segundo explican dende o colectivo, o diario de José Casal é “un tesouro” que verá a luz logo da súa cesión por parte da familia á asociación. Trátase dun manuscrito que se publicará en vindeiras datas onde o preso conta as súas vivencias e sentimentos. A intención desta proposta é reivindicar a súa figura, darlle protagonismo á súa familia, e devolver a dignidade a unha persoa da vila cuxa memoria ata o de agora non foi divulgada como debería para dar a coñecer as penurias que moitas persoas coma el padeceron polos seus ideais.

Esta presentación da ‘Vilaboa resistente’ está aberta ao público e realízase xusto unha semana antes doutra iniciativa na que participa o departamento de Memoria Histórica da Deputación en Vilaboa: o Canteira Fest. Neste festival a Deputación porá en marcha un espazo de memoria destinado a informar e divulgar a memoria entre a xente moza a través de distintas actuacións: música, pintura, obradoiros, charlas e ‘performance’ teatrais.

Relacionadas

A Biblioteca Municipal de Mos María Magdalena inaugúrase cunha ampla representación da gran familia...

0
O novo conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López Campos, asistiu ao que foi un acto tremendamente emotivo e familiar A Biblioteca Municipal...

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

Publicacións Relacionadas