Home O Ribeiro Avión O Concello de Avión acolle este venres a súa XVII Festa Mexicana,...

O Concello de Avión acolle este venres a súa XVII Festa Mexicana, cunha ampla oferta gastronómica e un especial protagonismo aos postres do país azteca

- Anuncio -

O Concello de Avión acolle este venres, 11 de agosto, a XVII edición da Festa Mexicana, un dos eventos festivos máis notables do municipio por ser, ademáis, unha festa homenaxe aos emigrantes en xeral e con especial protagonismo a México, principal país receptor da emigración procedente do municipio de Avión.

Na presentación deste evento, que conta coa colaboración da Deputación de Ourense, participaron o alcalde de Avión, Antonio Montero Fernández; a responsable de organización da festa, Isabel Gabián Lorenzo; e Marcelo Quintas, do restaurante Rincón Azteca do Carballiño, un dos cinco establecementos que colaboran activamente na XVII Festa Mexicana do Concello de Avión.

Entre as novidades desta ano, a Festa Mexicana de Avión ensalzará de xeito especial os postres aztecas, e ofrecerá tamén unha ampliación de horario dos establecementos de restauración, entre as 17:00 e a 01:30 horas, onde se poderán degustar produtos gastronómicos mexicanos, como por exemplo as augas de sabores. Outra das grandes novidades desta edición será a disposición dunha superficie para aparcadoiro gratuíto, grazas á cesión da familia Fernández Merelles dunha finca para este fin, e que estará guiado por efectivos de Protección Civil.

Por último, a Festa Mexicana de Avión ofrecerá actividades gratuítas para os nenos e nenas a partires das 18:00 horas, así como sorteos de cestas de produtos mexicanos e o célebre xogo da “piñata”, elaboradas polos maiores do Centro Integral de Servizos Sociais “Alvetus” coa supervisión da psicóloga e directora do Centro da Muller do Concello de Avión, Yesica Moreno Valenzuela.

Relacionadas

Trescentos deportistas participarán o domingo no Descenso do Miño, organizado polo Club Piragüismo Ourense...

0
Trescentos deportistas participarán o vindeiro domingo, 16 de xuño, na edición número 55 do Descenso do Miño, que converterá un ano máis a cidade...

Luis Menor presenta a súa candidatura á presidencia do Partido Popular de Ourense para...

0
· O candidato afirma que chegou o momento de seguir dando “novos pasos, en firme, con decisión, pero sen perder nunca a humildade”, e...

A Xunta de Local aprobou 20 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 20 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar esta mañá no...

O convenio de Xantar na Casa e o expediente de contratación das luces de...

0
A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente, en sesión extraordinaria celebrada esta mañá, dous expedientes que o goberno municipal presentará a...

A Concellería de Igualdade organiza unha nova edición do programa de conciliación de verán...

0
A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense organiza unha nova edición do programa de actividades de conciliación de verán “Espazo coeduca”, para nenas...

A rúa Cervantes estará pechada ao tráfico mañá, xoves, 13, de 10.00 a 18.00...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa de que a rúa Cervantes, no Centro Histórico, estará pechada ao tráfico mañá, xoves, día 13...

Publicacións Relacionadas